Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today21 noviembre, 2023
Padrón. 21-11-2023.- O Concello de Padrón leva a cabo estes días diferentes actos co gallo da conmemoración este sábado, 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Entre as propostas incluídas no programa, a Oficina Municipal de Voluntariado e a Biblioteca impulsaron o pasado venres día 17 un encontro dos clubs de lectura municipais coa escritora Montse Fajardo para comentar a súa obra Invisibles.
Preto de 30 persoas reuníronse arredor dun Café-conversa para coñecer como se xestou esta obra, que xa é un referente no tratamento da violencia de xénero non só por poñer foco sobre as mulleres "invisibilizadas", senón tamén sobre os maltratadores e as consecuencias expansivas no ámbito familiar e social.
Mariló Saco Vigo, concelleira de Igualdade e Muller e de Xuventude e Voluntariado, participou neste encontro xunto ao persoal técnico do Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria e ás técnicas da Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) e da
Biblioteca.
O encontro rematou na biblioteca padronesa, onde a escritora Montse Fajardo departiu individualmente con cada participante e asinou amablemente cada un dos exemplares.
A biblioteca municipal de Padrón conta con varios exemplares dispoñibles do libro de Montse Fajardo a disposición da veciñanza.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)