Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 abril, 2025
Inspirado na atmosfera acolledora dos Tiny Desk Concerts, nace Devire Sessions, un novo proxecto musical que busca conectar artistas e público nun ambiente íntimo, afastado da masificación dos grandes escenarios. A iniciativa, impulsada pola artista Zeltia Irevire e outras creadoras convidadas, combinará concertos acústicos con espazos de conversa e interacción, como se de unha reunión entre amigos no salón da casa se tratase.
A viaxe comezará o luns 28 de abril no Centro Xove de Creación Cultural de Santiago de Compostela, e percorrerá distintas localidades galegas cun formato itinerante e colaborativo. Cada sesión non só destacará a música en vivo, senón que integrará produtos e oficios locais na súa escenografía, poñendo en valor a riqueza cultural e creativa de Galicia.
Un proxecto feito en comunidade
Devire Sessions é posible grazas á colaboración de varios colectivos e profesionais: Fenda Studio Creativo (dirección e produción creativa), Golondrina Studio (codirección audiovisual), Dani «Pabuko» (son) e a propia Zeltia Acuña, directora e alma do proxecto.
Esta proposta invita a disfrutar da música doutro xeito: máis próximo, máis humano e sempre en diálogo coa identidade do territorio. Unha oportunidade para escoitar, sentir e conversar, celebrando a arte como vehículo de conexión.
Máis información nas redes sociais de Devire Sessions e das artistas participantes.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)