AD

Actualidad

NadalXogo chega a Amio con entretemento para a cativada entre 6 e 14 anos

today20 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD
O vindeiro xoves 26 de decembro arranca o programa NadalXogo no recinto feiral de Amio, cunha ambiciosa oferta de lecer para o público infantil e xuvenil de Compostela. Inchables, rocódromo, circuítos e outros xogos amenizarán as vacacións de Nadal da cativada en horario de 17:00 a 20:30 horas. Os/as máis pequenos/as da casa tamén poderán asistir ao obradoiro de circo de Nadal, que se desenvolverá os días 23, 24, 26 e 27 de decembro.

NadalXogo contará con diversos propostas e actividades dirixidas á cativada de entre 6 e 12 anos como o circuíto Ninja, rocódromo, circuito de karts, conos interactivos, camas elásticas, konecta, futbolín, inchable XXL e inchable Merry Christmas.

O público familar poderá achegarse á nave A do recinto ferial de Amio desde o 26 de decembro ata o 4 de xaneiro en horario de 17:00 h a 20:30 h; agás o día 31 de decembro que estará aberto de 10:30 a 14:00 horas e o día 1 de xaneiro que permanecerá pechado. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade.

Obradoiros de Circo de Nadal 

A programación para estas Festas do Concello de Santiago tamén ofrece un obradoiro de circo de Nadal, que se desenvolverá os días 23, 24, 26 e 27 de decembro na nave de Circonove (rúa das Cancelas, 125 s/n).

Esta formación articularase en dúas quendas: de 9:30 a 11:30 horas para nenas e nenos de 3 a 5 anos, e de 11:30 a 13:30 h para a cativada entre 6 a 14 anos. O número máximo de alumnado por quenda é de 25 persoas e para inscribirse, cómpre mandar un correo electrónico a circonoveoficina@gmail.com.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *