Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 diciembre, 2025
A tiradora de Ames do Compostela, Natalia Díez, protagonizou unha enorme competición no Torneo Nacional Ranking de Espada Júnior, celebrado no pavillón Infanta Juana de Zaratán (Valladolid). Competiu acompañada polos seus compañeiros Ramón Rey e os debutantes Manuel Rodríguez e Martín García.
Na arma feminina, congregáronse 88 participantes, entre elas só dúas galegas: a propia Natalia e Vera Pereiro do 100Tolos.

Un arranque case perfecto
Natalia asinou unha primeira fase excepcional con 5 vitorias e unha soa derrota, vencendo a:
Belén Pedrosa (Cid Burgalés) — 5-4
Carla Alcázar (Sala Albacete) — 5-3
Ona Basanta (Maresme de Barcelona) — 5-3
Julia Millán (Sala Vitoria) — 5-3
Martina Infiesta (Valladolid) — 5-2
A única derrota foi ante Alejandra Rodríguez (Burgos) por 3-5.
Este magnífico inicio situouna 15ª do ránking provisional, pasando exenta a primeira eliminatoria.
Dúas eliminatorias de máxima tensión
Xa no cuadro de 64, superou un asalto agónico ante Lucía Xuan Alonso (Arroyo Valladolid). Tras empatar 7-7 ao final do terceiro tempo, resolveu na prórroga cun tocado decisivo: 8-7, logrando así a súa primeira vitoria nun cadro final dun nacional.
En 32, protagonizou outra remontada memorable fronte a Eva Álvarez (Sala Granada). Do 8-11 en contra chegou ao 14-14, e un novo acerto no momento clave déralle o triunfo por 15-14 e o pase ao cuadro de 16.
A súa andaina detívose ante a número 1 do torneo, Silvia Gómez (Lázaro Cárdenas), que impuxo a súa experiencia por 15-9. A pesar da derrota, Natalia asinou unha competición sobresaliente.
Top-13 de España e opcións para o Campionato de España
O 13º posto final dálle a Natalia un importante salto no ranking nacional, achegándoa ás posicións que dan acceso ao Campionato de España Júnior.
A outra galega presente, Vera Pereiro (100Tolos), concluíu na 24ª posición.
Bo balance tamén na espada masculina
Na categoría masculina competiron tres tiradores do Compostela:
Martín García, debutante, deixou boas sensacións pero non conseguiu vitorias e finalizou 166º.
Manuel Rodríguez e Ramón Rey lograron 2 vitorias cada un na primeira fase, acadando a clasificación para a eliminación directa. Caeron ante rivais máis experimentados, pero continúan sumando rodaxe nacional.
Manuel: 132º
Ramón: 134º
Próxima cita: Ranking Galego na Coruña
A vindeira competición será o Ranking Galego en Coruña, para as categorías Cadete e Absoluta, onde o club compostelán buscará seguir acumulando bos resultados.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)