Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today3 julio, 2025
Redacción, 3 de xullo de 2024 – A concelleira de Cultura, Pilar Lueiro, desvelou en primicia en Radio Líder Santiago un dos nomes máis destacados do cartel das Festas do Apóstolo deste ano: o aclamado cantante e compositor senegalés Youssou N’Dour, unha das voces máis recoñecibles da música africana e mundial.
N’Dour, icono do mbalax (o ritmo tradicional do Senegal) e coñecido internacionalmente polo seu éxito «7 Seconds» con Neneh Cherry. «É un dos nomes que estarán con nós este verán, e representa moi ben a lusofonía e o espírito internacional que queremos para o Apóstolo», sinalou Lueiro durante unha entrevista. A elección do artista non só reflicte a diversidade musical, senón tamén o seu compromiso social e cultural, valores que a edil quere vincular á festividade.
Nacido en Dakar en 1959, Youssou N’Dour é unha figura transcendente na música e na política do seu país. A súa carreira, que abarca cinco décadas, combina raíces africanas con proxección universal, gravando en wolof, francés e inglés. En 2004, Rolling Stone cualificouno como «quizais o cantante vivo máis famoso de África», e en 2023 incluíuno na súa lista dos 200 mellores vocalistas da historia.
Ademais da música, N’Dour ten unha destacada faceta pública: en 2012 foi ministro de Turismo do Senegal, e a través da súa fundación e medios de comunicación promoveu causas sociais e culturais.
Aínda que a lista completa de artistas das Festas do Apóstolo (que este ano se estenden dende o 17 de xullo cun día adicional) segue sen facerse pública, Lueiro adiantou que haberá pop, rock e música tradicional, sempre co «respecto que merece esta cidade e os seus espazos».
A confirmación de N’Dour chega despois das críticas por unha suposta falta de figuras internacionais noutros eventos locais, como as Festas da Ascensión. «No Apóstolo sí contaremos con artistas nacionais e internacionais, pero na Ascención queremos poñer en valor o noso», defendeu a concelleira, revelando incluso que se explorou a posibilidade de traer a Megadeth (aínda que finalmente descartada por falta de xira).
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)