AD

Actualidad

O auditorio de Rois acolle unha xornada de formación do Club de Debate

today17 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

  • Participan mozas e mozos procedentes de Carballo, Santa Comba, Val do Dubra, Ames, Santiago, Teo e Rois
  • A fase clasificatoria do certame celebrarase en febreiro en Santa Comba e a final será en Val do Dubra o 13 de abril

17-01-2024. O auditorio municipal de Rois acolleu este mércores, 17 de xaneiro, unha actividade de formación sobre o Club de Debate, unha actividade organizada polos departamentos de normalización lingüística de varios concellos, entre os que figura Rois. O certame ten por obxectivo promover e valorar o uso oral do galego, o espírito crítico, a tolerancia e o traballo en equipo na mocidade.

Profesorado e rapazada chegados de Carballo, Santa Comba, ValdoDubra, Ames, Santiago, Teo e Rois adquiriron nocións e consellos sobre habilidades comunicativas, sobre a procura de información e documentación para o debate e sobre a estruturación do argumentario e as técnicas de refutación. A xornada tamén incluíu un simulacro de debate para poñer en práctica as aprendizaxes adquiridas.

Entremedias, o Concello de Rois agasallou ás persoas asistentes a un chocolate con churros e tanto o alcalde, Ramón Tojo, como a concelleira de Cultura, Victoria Quiroga, sumáronse ao evento, dialogando cos asistentes e demostrando o apoio do Concello de Rois a iniciativas formativas como esta.

Club de Debate 2024

O Club de Debate é un proxecto promovido por Alingua, Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega que aglutina os servizos de normalización lingüística de 19 concellos. No certame participan alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de bacharelato, ou cursos equivalentes dos ciclos formativos, dos concellos participantes.

A fase clasificatoria da edición de 2024 celebrarase no concello de Santa Comba os días 27, 28 e 29 de febreiro. Nesta primeira etapa, o tema a debate, con posturas a favor e en contra, leva por título “Débense prohibir os teléfonos móbiles nos institutos?”.

Os equipos que logren clasificarse para a fase final debaterán o 13 de abril nunha xornada que terá lugar en Val do Dubra.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%