AD

Comarca

O BNG esixe explicacións sobre a situación actual de «abandono» de Radio Ordes

today27 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

O portavoz do Grupo Municipal do BNG, Pablo Vidal Ríos, vén de rexistrar un rogo dirixido ao alcalde no que solicita a convocatoria urxente do Consello da Emisora Municipal para abordar a situación actual de Radio Ordes. A iniciativa preséntase ao abeiro do artigo 97 do Real Decreto 2568/1986, que regula o funcionamento das entidades locais.

Desde o Bloque sinalan que levan tempo advertindo dun “progresivo deterioro” da emisora municipal, que —segundo lembran— chegou a contar con programación propia tanto en horario de mañá como de tarde, con contidos de elaboración local e participación da veciñanza.

Co paso dos anos, explican, a actividade reduciuse ata converterse practicamente nun repetidor da Radio Galega, desconectando unicamente para emitir un informativo ás 14:00 horas e para retransmitir os plenos da corporación municipal. Para o BNG, esta situación evidencia unha falta de aposta política por unha ferramenta de comunicación que consideran “patrimonio de todos os veciños e veciñas de Ordes”.

O grupo municipal tamén critica que, malia teren solicitado en varias ocasións a reunión do Consello da Emisora, o alcalde non procedese á súa convocatoria nin dera cumprimento ao establecido no artigo 7 do Regulamento de Organización e Funcionamento da Emisora Municipal de Ordes. Así mesmo, denuncian que non conste ningunha acción concreta por parte do goberno local para reverter a situación.

“Se no pasado e con menos recursos foi posible contar cunha radio que funcionaba, no presente tamén debería selo, sempre que exista un interese real”, sostén o BNG no escrito rexistrado.

A formación nacionalista insta, por tanto, ao rexedor a convocar o Consello da Emisora co obxectivo de informar detalladamente sobre o estado actual do servizo, realizar unha análise da súa situación e estudar posibles medidas para fortalecer, recuperar ou mesmo relanzar Radio Ordes como medio público de proximidade ao servizo da cidadanía.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *