Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Camiño Inglés continúa a consolidarse como unha das rutas xacobeas con maior proxección. Neste 2025, un total de 4.761 peregrinos xa recolleron a súa Compostela en Santiago tras completar este itinerario, o que supón un incremento do 13% respecto ao ano anterior.
Así o destacou hoxe a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros Barros, durante unha visita ao albergue da cidade, onde salientou tamén a importancia de seguir mellorando o coñecemento sobre o fluxo real de camiñantes. “Sabemos que son moitos máis os peregrinos que percorren os distintos Camiños e, por iso, estamos a instalar sensores que nos permiten contabilizar con maior precisión todos estes tránsitos”, sinalou.
Actualmente hai 12 sensores repartidos polos diferentes itinerarios xacobeos e está previsto que en 2025 se sumen outros 25. No caso concreto do Camiño Inglés, serán cinco os sensores distribuídos ao longo do traxecto, permitindo así unha análise máis detallada dos percorridos e necesidades dos camiñantes.
Esta iniciativa enmárcase na preparación do Xacobeo 2027, co obxectivo de deseñar accións máis eficaces e adaptadas á realidade do fenómeno xacobeo. “Estamos no Camiño”, concluíu Aneiros, en referencia ao compromiso continuo coa promoción e mellora desta experiencia única.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)