AD

Actualidad

O cantautor compostelán Xosé Constenla lanza ‘Para non esquecer’, o seu sexto traballo discográfico

today11 junio, 2024

Fondo
share close
AD
  • Trátase dunha colección de cancións baixo a temática da recuperación da memoria histórica
  • Foi gravado -parcialmente- no que foi un campo de concentración franquista na Pobra do Caramiñal
  • O proxecto inclúe, ademáis das cancións, un vídeo que xa circula polas redes e un libro que será presentado este sábado 15 de xuño

A Casa do Taberneiro, situada no barrio de San Pedro, acollerá este sábado 15 de xuño ás 12:30 horas, a presentación do novo traballo discográfico do cantautor Xosé Constenla titulado Para nunca esquecer. O músico compostelano lanza neste 2024 un EP de cinco cancións fiadas pola temática da recuperación da memoria histórica.

O traballo foi gravado no que foi un campo de concentración franquista na Pobra da Caramiñal, no lugar do Pozo, na desembocadura do río Pedras. Dita sesión foi rexistrada nun vídeo, que xa circula nas redes e conta con máis de 4000 visualizacións, para unha das “Miudiño Sessións” que produce Noel Feáns para o netlabel aregueita.net

As cancións foron posteriormente postproducidas no estudo, incluíndo arranxos musicais con distinta instrumentación, e que xa se poden escoitar nas principais plataformas.

Ademais, o proxecto inclúe un libro, que será presentado este sábado, que inclúe textos de Noel Feáns, quen presenta o proxecto; Alba Garrido, historiadora e autora do libro De Galicia a Mathaussen (Galaxia, 2023), quen realiza unha contextualización, e do propio Xosé Constenla, quen explica o contido das letras e das músicas. Finalmente, aparece o conxunto das letras das cancións.

No acto de presentación intervirá, ademais de Noel Feáns e Xosé Constenla, o historiador e docente Miguel Paz Cabo, que realizará unha breve explicación sobre a existencia de campos de concentración franquista na Galiza, o seu funcionamento e significado.

O proxecto será presentado en concerto nas seguintes datas: 22/06 Compostela, 29/06 Ferrol, 06/07 Pontevedra, 15/09 Bande e 28/09 Burela, polo momento.

Dende Setestrelo Editora, convidamos aos medios de comunicación a difundir este lanzamento, tendo en conta a oportunidade da temática escollida por Xosé Constenla, a resultas, por exemplo, do avance electoral da ultradereita en Europa e o seu discurso negacionista da memoria.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%