AD

Actualidad

O cantautor Tato López ofrece un concerto este sábado no Museo Casa de la Troya

today3 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

Esta iniciativa, realizada en colaboración coa escola de música “Casa da Trova”, enmárcase no interese do Museo por desenvolver proxectos con outras entidades culturais de Compostela

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025 (Vía Láctea Comunicación).- O Museo Casa de la Troya e a Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos -entidade que xestiona o museo- promoven un concerto do músico Tato López. A actuación terá lugar no propio museo mañá sábado, 4 de outubro, ás 20:30 horas. Este evento conta co apoio do Concello de Santiago e realízase en colaboración coa escola de música “Casa da Trova” de Santiago de Compostela. A entrada ao concerto é libre ata completar aforo.

Tal como indica o director do Museo, Benigno Amor, “ademais da proximidade física e das similitudes entre os nomes das nosas entidades, hai tamén unha proximidade afectiva, por canto as dúas están ligadas á música popular e abertas ao mundo, como proba o feito de que a ambas nos visiten músicos das dúas beiras do Atlántico. Por outro lado, esta colaboración está en liña co espírito do Museo de desenvolver proxectos con outras entidades culturais de Compostela, co propósito de ampliar horizontes e achegarnos a novos públicos”.

A escola de música “A Casa da Trova”

O Espazo de Arte “Casa Da Trova” é unha iniciativa artística xurdida hai tres anos no barrio compostelán dos Basquiños. Centrada na formación musical en diferentes estilos, abrangue tamén a produción e desenvolvemento de proxectos musicais. Como escola de música, está especializada en guitarra e voz, en particular no eido da composición. Realizan encontros para acoller a trobadores procedentes de todo o mundo, co obxectivo de dar a coñecer o oficio do canto a través do seu traballo.

O cantautor Tato López

O fundador da Casa da Trova é o compositor, produtor, cantautor e guitarrista madrileño afincado en Santiago Tato López. Cunha traxectoria de vinte anos nos escenarios, é habitual na escena tanto galega como nacional. Graduado en estudos de guitarra clásica no Conservatorio Profesional de Santiago, exerce como docente desde hai máis dunha década. Conta con catro discos na súa carreira e con varias producións musicais de éxito tanto como cantautor como en artes escénicas.

A artista María Ángeles Iglesias

Neste concerto na Casa da Troya, o cantautor Tato López estará acompañado pola artista arxentina afincada en Santiago María Ángeles Iglesias. É actriz e dramaturga, cantante e bailarina. Ademais de ter colaborado con Tato López en todos os seus discos, tamén participa activamente nos seus directos.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *