AD

Actualidad

O Circo de Pinocho chega este Nadal a Santiago

today3 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

O Circo de Pinocho, un espectáculo de Educateatro Producións, chegará a Santiago neste Nadal, un total de 17 funcións entre o 20 de decembro e o 4 de xaneiro. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a montaxe, que se instalará no parque das Cancelas. Foi nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo productor, Xandre Vázquez, e por Pepiño Grilo e Pinocho, dous dos protagonistas desta innovadora proposta escénica.

O Circo do Pinocho é unha montaxe que combina o teatro musical cunha escolma dos números máis clásicos do circo, nunha carpa deseñada específicamente para este espectáculo no que aparecen personaxes do clásico Pinocho. Do 20 de decembro ao 4 de xaneiro haberá un total de 17 funcións, con entradas que xa están á venda na web circodepinocho.gal por prezos que van desde os 11 euros. A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude vai repartir máis de 300 entradas de balde, parte delas para familias vulnerables usuarias dos Servizos Sociais, e outra parte a través do departamento de Comercio, na ruleta “Eu Merco Aquí” que estará instalada durante o Nadal na carpa instalada na Praza Roxa e na Alameda. As entradas repartiránse, en concreto, o sábado 7 de decembro, e para optar aos agasallos da ruleta é preciso presentar un tícket de compra dun mínimo de 5 euros en establecementos do comercio local.

Xandre Vázquez explicou que o “Circo de Pinocho” é “unha proposta de circo clásico pero modernizado, e ademais é a día de hoxe a única proposta de circo galego, con artistas que ademais son na súa maioría residentes en Santiago”.

María Rozas aproveitou a rolda de prensa para dar conta tamén doutras accións que fan parte da programación de Nadal, organizadas desde a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A tenenta de alcaldesa lembrou que “o departamento de Comercio volve apostar por actividades de dinamización, que anime á veciñanza a sair á rúa e, polo tanto, a achegarse ao pequeno comercio, para o que esta época do ano é fundamental”. Ao igual que o ano pasado, a programación centralizarase nas carpas que se van instalar na Praza Roxa e na Alameda.

Sons na Praza Roxa

A Carpa Roxa acollerá desde mañá as actuacións musicais dos ciclos Son Xove, con concertos das bandas do Centro Xove da Almáciga nas tardiñas dos venres; e Son Vermú, actuacións de grupos galegos nos mediodías dos sábados. O primeiro dos programas comezará o xoves, a partir das 19:30, coa actuación de Ginko Biloba. Despois diso, serán os concertos de W3ird Nois3s e Abuela, o día 13; Lusardi e Jaco, o 20; e a Jam de Nadal, o 27 de decembro coa participación da maior parte das bandas da Almáciga que farán un repaso por diferentes xéneros musicais.

En canto ao Son Vermú, os concertos serán cada sábado ás 13.00 horas. Comenzarán o día 7 con The Spoonfuls, unha banda de blues e soul froito da unión de músicos dalgunhas das mellores bandas galegas. O 14 de decembro, será o turno de Brassica Rapa; o 21 de decembro actuará Maricarme; e o ciclo pecharáse o 28 de decembro coa actuación de Ailá.

Ademais, a Carpa Roxa acollerá ao longo de todo o mes outras actividades dirixidas ao público familiar, como obradoiros de baile tradicional e pandeireta, talleres de elaboración de xoguetes ou cartas ao Apalpador, ou sesións de xogos de mesa organizadas desde a Concellaría de Centros Socioculturais. Tamén están previstas diferentes propostas de artes escénicas: A Feira das Sementes de Títeres Babaluva, o día 8; De volta co crebanoces de Suzukiños, o 22 de decembro; o Contacontos do Apalpador con Polo Correo do Vento, o día 23; A filla do cacharulo de Títeres Babaluva, o 31 de decembro; e Rogelio 3. La fête, de As Sircópatas, o 3 de xaneiro. Na Praza Roxa teremos tamén sesións de Impro para adultos, e a Gala de Maxia que se celebrará o 29 de decembro.

Alameda en xogo

Ademais da Carpa Roxa, o departamento de Comercio recupera este ano o programa da “Alameda en Xogo”, que botará a andar o 20 de decembro, cadrando coas vacacións escolares. Na carpa instalada neste emblemático espazo haberá un amplo espazo de xogo para as crianzas, cunha pista de xeo ecolóxica “similar á do ano pasado e que funciona especialmente ben cos nenos e nenas máis pequenos”; e con diferentes xogos como o rocódromo, xogos populares, futbolín xigante, xogos de madeira, hinchables, ou xogos de reflexos. A carpa da Alameda funcinoará do 20 de decembro ao 7 de xaneiro, en horario de 11 a 14 horas, e de 17 a 20.30 horas. Como novidade, este ano haberá un ciclo de cine na carpa da Alameda, con películas como As Neves, A canción do mar, A galiña turuleca, Máis cuñados ou Robot Dreams.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%