Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 noviembre, 2024
Excelente actuación do equipo de Compostela no primeiro ranking galego de espada. No evento, que se celebrou no pavillón de Pontepedriña grazas ao apoio do Concello de Santiago, participaron case 70 rapaces e rapazas de toda Galicia. Destacou a presenza de 20 tiradores do equipo anfitrión, representando ás escolas de Santiago, A Estrada e Silleda.
Na categoría M11, o dominio do Compostela foi evidente. A final disputárona dous debutantes da sala de Cancelas: Xoel Díaz, quen acadou o ouro tras vencer a Alicia Mourelle, que obtivo a prata. Tamén brillaron Jacobo Pazos, quen quedou en 5ª posición, Cibrán Alvar en 9ª e Amelia Fernández en 11ª.
Na categoría M13, Denís Lago logrou a prata tras un emocionante duelo contra Roberto Cubeiro do club coruñés 100Tolos. Tamén salientaron as actuacións de Víctor Diez, que terminou 5º, e Estanislao Blanco, quen, no seu debut, alcanzou a 10ª posición.
Na categoría M17 masculina, Ramón Rey destacou coa súa medalla de bronce, mentres que o seu compañeiro Simón Lago finalizou 8º. O vencedor foi Gabriel Orro, tamén do 100Tolos.
Na categoría M17 feminina, Natalia Diez fíxose co ouro tras unha disputadísima final contra Vera Pereiro do 100Tolos, que se resolveu nos últimos instantes. Elia Requeijo, outra integrante do Compostela, obtivo o bronce, mentres que Carolina Mourelle e Mara Areán lograron o 5º e 8º posto, respectivamente. A participación de Mara Areán foi especialmente significativa, xa que era a súa primeira competición oficial.
A próxima cita para estes novos talentos será no Torneo Nacional Ranking M20 de Zaratán (Valladolid), onde Natalia Diez representará ao Compostela.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)