Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 enero, 2026

Frades, 15 de outubro de 2023. – O Concello de Frades alerta formalmente á veciñanza sobre unha nova e perigosa estafa que está a circular polas caixas de correo do municipio. Trátase de cartas falsas que suplantan a identidade da Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS), co claro obxectivo de roubar datos persoais, fotocopias do DNI e extractos bancarios das vítimas.
Segundo a información difundida pola administración local, o modus operandi do fraude basease nun engano: as cartas indican que houbo un «ataque informático» ou que é necesario «actualizar datos», esixindo ao receptor que envie documentación sensible. «É MENTIRA. O único que buscan é roubar os teus datos e o teu diñeiro», subliñan desde o concello.
As autoridades xa confirmaron a natureza fraudulenta destas comunicacións. O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións verificou que se trata dunha estafa, polo que se insta á poboación a extremar a precaución.
Recomendacións oficiais:
NUNCA facilites datos persoais, fotocopias do DNI ou información bancaria por esta vía.
Se recibes unha carta, chamada ou email sospeitoso, desconfía inmediatamente.
Revisa con atención o remitente e o enderezo. As comunicacións oficiais da Seguridade Social non seguen este procedemento.
Denuncia calquera intento de fraude ante as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
O Concello de Frades fai un chamamento á responsabilidade colectiva: «Imos protexer entre todos e todas á nosa xente!«. Para neutralizar esta ameza, pide a colaboración cidadá para compartir a alerta, falar do tema con veciños, familiares e coñecidos, especialmente cos mais vulnerables, e así evitar que alguén caia no engano.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)