AD

Destacado

O Concello de Rois abre inscrición no Divernadal 2023

today6 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  •  O programa de conciliación e ocio dirixido a nenos e nenas a partir de 4º curso de Educación Infantil ofrécese do 22 de decembro ao 4 de xaneiro, agás os festivos
  • Establécense bonificacións dun 15% na matrícula dun segundo irmá/n e dun 20% para as familias numerosas, monoparentais ou menores con discapacidade recoñecida

Rois. 6-11-2023. O Concello de Rois abre o prazo de inscrición para as actividades de conciliación e ocio do Divernadal, dirixido a nenos e nenas a partir de 4º curso de Educación Infantil. As familias interesadas poden solicitar praza cubrindo o formulario que se atopa na páxina web municipal, www.rois.gal. O prazo de inscrición remata o mércores 22 de novembro.
Ademais de axudar a conciliar a vida laboral e familiar, o Divernadal ofrece un espazo de ocio e aprendizaxe para a cativada durante as vacacións de inverno. Desenvolverase entre o venres 22 de decembro e o xoves 4 de xaneiro (agás os festivos) en horario de 9.30 a 14.30 horas. Pode ampliarse co servizo de amencer, que comeza ás 7.30 horas.

A inscrición debe realizarse antes do mércores 22 de novembro cubrindo o formulario que se atopa na páxina web municipal, no apartado de Xestións e trámites. O prezo do Divernadal completo é de 60€ sen amencer e de 75€ con este servizo; mentres que as familias que opten por días soltos deberán abonar 10€ por día ou 12€ por día no caso de que tamén desexen o servizo amencer.

O Divernadal contará con prazas limitadas e terán preferencia os/as menores con empadroamento en Rois.
Bonificacións do Divernadal 2023-2024

Co obxecto de fomentar a participación no programa de conciliación familiar, persoal e laboral, así como coa finalidade de contemplar as diferentes casuísticas socioeconómicas das familias ás que vai dirixido o programa, o Concello de Rois establece as seguintes bonificacións non acumulables:

• 15% na matrícula dun segundo irmá/n.
• 20% na matrícula de nenos/as de familias numerosas, monoparentais ou menores con discapacidade recoñecida.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%