AD

Actualidad

O Concello de Santiago cede unha parcela á Fundación Andrea para construír unha nova ‘Casita’

today1 diciembre, 2025

Fondo
share close
AD

O Concello de Santiago aprobou, na Xunta de Goberno local extraordinaria celebrada o 27 de novembro, a concesión demanial sobre a parcela R-7 do SUP-4, para a construción dun edificio e posta en funcionamento do proxecto ‘la Casita de Andrea’. A beneficiaria é a Fundación Andrea de apoio a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais

O proxecto destinarase a aloxamento para as familias con escasos recursos que necesiten desprazarse a Santiago para longas estadías hospitalarias de nenos e nenas con enfermidades de longa duración ou crónicas e ofrecerá tamén actividades lúdicas, de respiro familiar e de contacto social entre os menores beneficiarios da entidade e as súas familias. Asemade acollerá a sede da propia Fundación.

“Con esta actuación, o Concello reafirma o seu compromiso coas entidades do terceiro sector e o seu apoio a iniciativas como as da Fundación Andrea que melloran a calidade de vida das persoas”, valorou o concelleiro de Patrimonio, Iago Lestegás.

Esta concesión terá un prazo de 30 anos, que se poderán prorrogar, mediante declaración expresa, por dous períodos máis de cinco anos mentres se manteñan os fins para os que foi concedida. Rematada a vixencia, o inmoble reverterá no Concello.

O valor da parcela é de 1.486.303,50 euros e o orzamento estimado de execución material da obra sitúase en 1.720.596,00 €

Nesa mesma sesión acordouse prorrogar por un ano, ata o 30 de novembro de 2026, o contrato do servizo de mantemento das instalacións de protección contra incendios dos edificios e locais municipais, adxudicado a Jomar Seguridad S.L., cun orzamento anual de 21.810,05 euros.

Tamén se aprobaron o convenio de colaboración coa Fundación Educación e Deporte de Santiago, que recolle unha subvención nominativa de 20.000 euros, e as xustificacións dos xa asinados con Motoclub Móvete na Moto (30.000 euros), a Federación Galega de Atletismo (15.000 euros) e o Club Atletismo Santiago (10.000 euros).

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *