AD

Destacado

O Concello de Santiago condena e limpa as pintadas homófobas no acceso á cidade

today18 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2024. O goberno de Santiago que preside Goretti Sanmartín condena as pintadas homófobas que apareceron no acceso á capital galega no barrio de San Lázaro e que atentaron contra o espazo público. O Concello fíxose cargo, a través de Urbaser, da limpieza da beirarrúa, mentres que no que ten que ver co sinal de tráfico, encargarase da retirada da pintada Aceinsa.

O goberno local reproba este atentado contra o espazo público e, nomeadamente, condena todo tipo de expresión homófoba como aconteceu neste caso. Lembra que Compostela é unha cidade de acollida e diversa, un concello en que non hai espazo para comportamentos homófobos, xenófobos nin machistas.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, expresou a súa firme condena a este tipo de actuacións e de expresións e apelou a non tolerar comportamentos homófobos, xenófobos ou machistas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%