AD

Deportes

O Concello de Santiago únese ao Plan Dous Millóns do Clúster do Deporte

today28 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD

28/11/2023.- A alcaldesa de Santiago asinou un acordo de colaboración co Clúster Galego da Industria do Deporte e do Benestar para formar parte do Movemento Dous Millóns, que busca incentivar a práctica da actividade física entre a cidadanía co reto de chegar aos dous millóns de persoas que fan deporte en Galicia.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o presidente do Clúster do Deporte, José Manuel Amado Abelenda, asinaron un convenio de colaboración polo que o Concello se une ao ‘Plan 2 Millóns’. Impulsado polo Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, este plan artéllase como un proxecto común, colaborativo e de unión de toda a sociedade para conseguir o reto de 2 millóns de persoas practicando deporte en Galicia no ano 2030. En concreto, o obxectivo da campaña é incorporar 700.000 persoas que actualmente, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, están hoxe en día na inactividade.

Con esta adhesión, o Concello comprométese a «fomentar conxuntamente a práctica de actividade física e a traballar no obxectivo de incorporar a non practicantes e difundir o propósito nos diferentes programas municipais» a través da organización de accións para incrementar a práctica de actividade física e incorporar a persoas inactivas e da difusión do poroxecto

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%