Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 julio, 2024
O goberno local de Santiago informou que non destinará diñeiro público para a instalación de pantallas xigantes na praza Roxa para a final da Eurocopa 2024, igual que sucedeu coa final do Mundial Feminino en 2023 e o partido do Obradoiro.
Foi o concelleiro do PP, José Ramón de la Fuente, que solicitou ao BNG este dispositivo para que os afeccionados puideran ver xuntos o partido no que a selección española pode converterse en campioa de Europa por cuarta vez.
España conseguiu o pase á final da Eurocopa tras gañar onte 2-1 a Francia, con goles de Lamine Yamal e Dani Olmo. Yamal converteuse no xogador máis novo en marcar na Eurocopa, e Olmo situouse como Pichichi do torneo. A final será o próximo domingo 14 de xullo ás 21.00 horas no Olympiastadion de Berlín. España enfrontarase ao gañador do partido entre Países Baixos e Inglaterra, que se xogará mañá. O encontro poderá seguirse en directo por TVE e RTVE Play.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)