AD

Actualidad

VIDEO | O Concello patrocina ao piloto compostelán Luis Penido

today15 abril, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

Ambas entidades veñen de firmar un acordo de patrocinio para esta tempada 2024 a través do cal o Concello de Santiago prestará o seu apoio ao equipo nas competicións europeas nas que vai participar. O acordo foi presentado esta mañá na praza do Obradoiro pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, o director deportivo do Luis Penido Rally Team, Daniel Blanco, e o piloto Luis Penido.

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá a presentación do acordo de patrocinio asinado entre o Concello de Santiago, a través do Departamento de Deportes, e o Luis Penido Rally Team con motivo da participación do equipo compostelán durante o ano 2024 en varios eventos automovilísticos dentro do Campionato de Europa de Montaña (FIA European Hill Climb Champioship), o Campionato de España de Montaña (RFEDA Autohebdo CEM) e tamén no Campionato do Mundo de Coches Eléctricos (Bridgestone FIA Eco Rally Cup).

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, afirmou que «para o Concello este acordo supón unha excelente canle de difusión da súa imaxe e unha oportunidade para o desenvolvemento dun dos obxectivos principáis do Concello, como é a promoción da actividade física e o deporte compostelán». Asimesmo, a traxectoria deportiva do equipo, ao longo de máis de 25 anos, así como a do seu piloto, Luis Penido, recentemente galardoado como Mellor Deportista Masculino do 2023, determinan a idoneidade deste compromiso entre ambas entidades para a tempada 2024.

Por outra banda, o Director Deportivo do equipo, Daniel Blanco, quere agradecer a implicación do Concello de Santiago, co deporte compostelán en xeral e co noso equipo en particular, xa que «acordos como éste axudan a un equipo modesto como o noso a poder afrontar un proxecto deportivo máis ambicioso nos campionatos internacionáis nos que competiremos este ano». Asimesmo, seguiremos colaborando co Concello na preservación do medio ambiente cunha nova cesión de árbores autóctonas galegas coas que pretendemos compensar a pegada de carbono das nosas participacións deportivas do noso equipo.

Asimesmo, o piloto compostelán, Luis Penido, mostrou o seu orgullo de poder levar a bandeira de Galicia e de Compostela por Europa adiante e promete «dar espectáculo alá por onde compitamos, intentando demostrar que os deportistas composteláns podemos codearnos cos mellores pilotos de Europa». No 2024 o equipo compostelán intentará revalidar o título nacional de montaña na sua categoría, acadado en 2022 e 2023, e cubrir un programa no Europeo de Montaña que o acerque ao pódium final da súa categoría. Adicionalmente, en septembro intentará acadar un bo resultado na proba do Mundial de Coches Eléctricos que se vai celebrar na Coruña e que pasará por Santiago de Compostela.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%