Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 junio, 2024
Os recoñecementos grupais foron para o equipo de infantís do Bertamiráns FC, equipo cadete do Milladoiro SD, primeiro e segundo equipo de xuvenís do Bertamiráns FC, e mailo equipo do Club Voleibol Bruxas. Ademais, os recoñecementos individuais foron para Nicolás Collazo, Saúl Berdullas, Marcos Gómez, Iván Gutierrez, Olivia Parga, Pablo Hernández e Atila Antelo, que non puido asistir a dito acto
O alcalde destacou “en Ames o deporte é moi variado e iso vémolo nos distintos recoñecementos que entregamos, xa que moitos deles son a deportistas que practican deportes que non son os máis habituais e iso é moi importante porque todas as modalidades deportivas teñen que ter cabida”
A concelleira de Deportes dixo “os deportistas amesás obtiveron uns magníficos resultados durante a temporada que acaba de rematar. Por iso queremos entregar estes recoñecementos grupais a varios equipos de fútbol e voleibol e tamén homenaxear a varios deportistas polos seus recentes éxitos”
Ames, 19 de xuño de 2024.- O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este martes, 18 de xuño, pola tarde, un acto de recoñecemento a equipos e deportistas amesáns que destacaron ao longo da temporada 2023-2024. O alcalde e concelleira de Deportes foron os encargados de entregarlles un pequeno obsequio en recoñecemento dos éxitos logrados durante a tempada que vén de rematar. Os recoñecementos grupais foron para o equipo de infantís do Bertamiráns FC, equipo cadete do Milladoiro SD, primeiro e segundo equipo de xuvenís do Bertamiráns FC, e mailo equipo do Club Voleibol Bruxas. Ademais, os recoñecementos individuais foron para Nicolás Collazo, Saúl Berdullas, Marcos Gómez, Iván Gutierrez, Olivia Parga, Pablo Hernández e Atila Antelo, que non puido asistir a dito acto.
O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Deportes, Susana Señorís, exerceron de presentadores do acto e foron dando paso aos equipos e deportistas homenaxeados. A encargada de abrir o acto foi a concelleira de Deportes que dixo “que os deportistas amesás obtiveron uns magníficos resultados durante a temporada que acaba de rematar. Por iso queremos entregar estes recoñecementos grupais a varios equipos de fútbol e voleibol e tamén homenaxear a varios deportistas polos seus recentes éxitos. Teño que agradecer o traballo dos adestradores e tamén a implicación das familias porque sen eles estes éxitos non se acadarían”.
O rexedor municipal destacou que “habitualmente este tipo de actos estábamos facéndoos no salón de plenos da Casa do Concello, pero este ano decidimos facer un acto conxunto porque entregamos varios recoñecementos e deste xeito tamén os deportistas e entidades deportivas se poden coñecer e relacionarse entre eles. En Ames o deporte é moi variado e iso vémolo nos distintos recoñecementos que entregamos, xa que moitos deles son a deportistas que practican deportes que non son os máis habituais e iso é moi importante porque todas as modalidades deportivas teñen que ter cabida. Teño que darlle as gracias a adestradores, persoal dos clubs e familias, polo traballo diario que fan cos deportistas homenaxeados”.
Recoñecementos grupais
O primeiro equipo en subir ao escenario foi o equipo de infantís do Bertamiráns FC por lograr o campionato de Liga e o ascenso da categoría infantil á primeira división autonómica. A continuación homenaxeouse ao equipo cadete do Milladoiro SD, que gañou o campionato de Liga e logrou o ascenso da categoría cadete á primeira división autonómica.
Por outra banda, homenaxeouse ao equipo de xuvenís do Bertamiráns que tamén conseguiron o campionato de Liga galega e por conseguinte lograron o ascenso á campionato nacional. O equipo B de xuvenís do Bertamiráns tamén recibiu unha homenaxe por conseguir o campionato da Copa do Sar. Por último, subiron ao escenario as capitás, adestrador e presidente do Club Voleibol Bruxas, que foron semifinalistas da fase de ascenso á primeira división nacional. O equipo feminino do Club Voleibol Bruxas gañou a Liga galega sen perder ningún partido.
Recoñecementos individuais
No apartado de recoñecementos individuais foron homenaxeados varios deportistas amesáns. O primeiro foi Nicolás Collazo, do club Ames Atletismo, que foi campión galego sub 18 de 5 quilómetros marcha en pista de inverno, de 10 quilómetros en ruta e de 5 quilómetros marcha en pista. A continuación, subiu ao escenario Saúl Berdullas que foi campión galego de tenis. Este ano estivo en Illinois (Estados Unidos) formándose na modalidade do tenis e obtivo o recoñecemento de ser o novato do ano na conferencia na que competiu.
Ademais, foi homenaxeado Marcos Gómez, campión nacional sénior masculino de Pitch & Putt que é unha modalidade de golf. Tamén recibiu un recoñecemento Iván Gutiérrez, que conseguiu a medalla de bronce no campionato nacional de ximnasia rítmica; e Olivia Parga, que gañou a medalla de ouro da IV Xornada da Liga Galega de karate no campionato de España. A deportista amesá obtivo a medalla de ouro na categoría kumite xuvenil.
Por último, foi homenaxeado Pablo Hernández, que logrou o ascenso á Liga ACB co Club Básquet Coruña. Con 2,01 metros de estatura, xoga nas posicións de aleiro e ala-pivote. Pablo Hernández comezou a practicar baloncesto nas escolas deportivas municipais do Concello de Ames. Atila Antelo, tamén é un dos deportistas homenaxeados, aínda que non puido acudir a dito acto. Antelo é campión do mundo do Open XMF de Muay Thay, campión de España de loita olímpica, sambo e boxeo.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)