Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 enero, 2024
16/01/2024 O Consorcio de Santiago ven de lanzar una nova convocatoria do programa de ‘Ter é manter’ de axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas e ao mantemento da envolvente exterior das vivendas da Cidade Histórica compostelá, que nesta edición contará cun orzamento de 800.000 euros. As axudas para os inmobles poderán solicitarse ata o vindeiro 12 de febreiro.
Desde a posta en marcha deste programa de axudas no ano 2006, o Consorcio puxo a disposición dos veciños máis de 3.240.000 euros para estas accións de mellora dos inmobles da cidade histórica. Durante o 2023 concedéronse subvencións a un total de 79 inmobles, tanto para a súa rehabilitación como mantemento.
Estas subvencións abranguen a restauración ou reposición dos elementos especiais de madeira de interese arquitectónico (galerías, ventás e portas de entradas aos edificios), a restauración de reixas , así como as obras complementarias necesarias como a reparación de pedras de soporte deterioradas, por exemplo, xambas ou repisas.
Esta convocatoria tamén cubre o mantemento de elementos da envolvente exterior, tales como fachadas exteriores ou patios interiores e cubertas, ademais de obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio relacionadas coa envolvente exterior, obras de mellora do illamento acústico dos inmobles e as actuacións de consolidación, reposición e mellora das estruturas tradicionais de madeira.
As solicitudes poderán realizarse ata o próximo 12 de febreiro a través da sede electrónica do Consorcio de Santiago ( https://www.consorciodesantiago.gob.es/carpetaciudadana/tramite.aspx?idtramite=24008 ), así como de maneira presencial no rexistro do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59).
Ter é manter’
O programa ‘Ter é manter’ beneficia a propietarios, arrendatarios e titulares dalgún dereito de uso sobre o inmoble, así como a comunidades de propietarios.
Para poder acceder a estas axudas é requisito estar dentro do ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica; que o inmoble a manter teña unha antigüidade superior aos dez anos e cumpra coas condicións suficientes de seguridade estrutural e estanqueidade fronte á choiva.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)