AD

Actualidad

O cruce de Xeneral Pardiñas con Repúbica do Salvador será de preferencia peonil

today18 marzo, 2025

Fondo
share close
AD

O cruce de Xeneral Pardiñas con República do Salvador, en Santiago, transformarase nun espazo de preferencia peonil, seguindo o modelo de Montero Ríos. O goberno municipal vén de adxudicar as obras de mellora deste punto á UTE ‘Arines Obras y Proyectos SL e Success Infraestructuras e Servicios SA’ por un importe total de 61.352,59 euros e cun prazo de execución de catro semanas.

Esta intervención busca reducir a velocidade do tráfico e favorecer a mobilidade peonil mediante a elevación da plataforma ata o nivel das beirarrúas, facilitando a accesibilidade e aumentando a seguridade viaria. Ademais, contempla a renovación do alumeado público e a reorganización do mobiliario urbano para mellorar a convivencia entre peóns e vehículos.

Por outra banda, a Xunta de Goberno local aprobou a adxudicación do contrato para a rehabilitación integral do complexo deportivo de Santa Isabel á empresa MISTURAS OBRAS E PROXECTOS SA, cun orzamento de 2.633.897,75 euros, financiados con fondos Next Generation, e un prazo de execución de oito meses. A concelleira responsable anunciou que ofrecerá máis detalles sobre esta actuación nunha rolda de prensa próximamente.

Ademais, o executivo local adxudicou a Francisco Fernández Novás o contrato para a dirección da execución e coordinación de seguridade e saúde das obras de adecuación do Pazo de Raxoi, cun importe total de 53.240 euros. A concelleira avanzou que nos próximos días se formalizará a adxudicación do proxecto desta intervención para poder iniciar os traballos canto antes.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *