AD

Actualidad

O equipo redactor do programa electoral do PPdeG recolle as achegas da economía social galega

today4 enero, 2024

Background
share close
AD

 

 

Reiteran o chamamento a todos os galegos e galegas a facer aportacións e trasladar as súas inquedanzas a través da páxina web rueda.gal, para facer así un programa apegado a Galicia e que permita protexer a estabilidade que permitiu o progreso da Comunidade ao longo destes anos

4 de xaneiro de 2024. O equipo redactor do programa electoral do PPdeG, coordinado por Valentín García, mantivo hoxe un encontro  para recoller as achegas dos integrantes do sector da economía social galega, entre os que se encontraban representantes de diferentes órganos colexiados, economistas e responsables de empresas galegas.

A reunión, na que tamén participou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, enmárcase dentro das previstas polos populares galegos para recoller as inquedanzas de todos os sectores da sociedade galega de cara á elaboración do proxecto de goberno de Alfonso Rueda para as próximas eleccións autonómicas. Un proxecto serio, realista e ao mesmo tempo ambicioso, segundo indicaron os membros do equipo redactor, que permita a Galicia seguir avanzando pola senda do progreso e da vangarda do desenvolvemento económico e social.

A elaboración deste programa electoral será froito dun traballo permanente dilatado no tempo nos distintos ámbitos e sectores, cunha escoita activa aos diferentes colectivos para coñecer de preto a súa problemática e propoñer solucións, incorporando as propostas que se consideren viables.

Isto, xunto coa experiencia de goberno e as propostas das diferentes comisións sectoriais do PPdeG, constituirán as bases para unha Galicia de futuro, ilusionante e centrada no que interesa aos cidadáns, reafirmou o equipo redactor.

Neste sentido, recordan o chamamento a todos os galegos e galegas a participar nel, facendo aportacións e trasladando as súas inquedanzas a través da páxina web rueda.gal, para facer así un programa apegado a Galicia e que permita protexer a estabilidade que permitiu o progreso da Comunidade ao longo destes anos.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%