AD

Actualidad

O Festival Galicreques traerá Santiago máis de 60 funcións

today6 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

O Concello de Santiago acolleu este luns a presentación do Festival Galicreques, que este ano cumpre 30 edicións e traerá á cidade 16 estreas entre o 11 e o 19 de outubro.

O encontro está organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio e patrocinio do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura e Deporte a través do Inaem e a Fundación SGAE. Compañías de Arxentina, Italia, Portugal, México ou Colombia darán a coñecer os seus novos espectáculos neste Galicreques tan especial, no que se celebran tres décadas de traxectoria.

A programación ofrecerá máis de 60 funcións e contará con máis de 20 compañías procedentes de 12 países distintos, dende Galiza ata Italia, Portugal, Colombia, Chile ou Arxentina.

Nesta edición número 30, o festival consolídase como unha das grandes citas culturais de Santiago, cunha carteleira que inclúe máis compañías e máis estreas ca nunca, o que pon de manifesto a súa proxección internacional e a calidade que vén sendo recoñecida ano tras ano.

30 aniversario

O aniversario contará con dous actos especiais. O primeiro será o mércores 8 de outubro, cunha festa de inauguración na Sala Capitol, que por primeira vez se incorpora como espazo de exhibición de monicreques. A velada, con actuacións e sorpresas, terá carácter restrinxido a convidados. O domingo 19, ás 12.00 horas, o escenario da Capitol acollerá a compañía aragonesa Teatro Arbolé e a súa proposta Los tres cerditos.

O segundo acto vinculado ao 30º aniversario será o luns 13, ás 20.00 horas, na tradicional carpa da Alameda. Alí, artistas que participaron ao longo dos anos compartirán co público a súa relación co festival, cos monicreques e coa cidade.

Primeiras estreas

O sábado 11 abriranse as estreas coa compañía colombiana El Guiñol del Guiñol, que representará por primeira vez El último árbol na tenda A Reixa. Ese mesmo día, ás 18.00 horas, no Centro Sociocultural do Romaño, a compañía galega Mircromina Teatro presentará Pasmo de Pedra.

Entre as propostas internacionais inéditas destacan a portuguesa Fío D’Azeite, que estreará O rei va nú na carpa da Alameda o domingo 12; os chilenos Títeres Candelilla, con Kuiyen, sueño mapuche o martes 14 na Fundación SGAE; ou os italianos Zaches Teatro, que presentarán en Santiago a súa nova Cenicienta.

Tamén haberá estreas de compañías xa coñecidas polo público, como a vasca Panta Rhei, Premio Galicreques 2018, que levará ao escenario Krim, pequeño lobo o xoves 16; ou os cataláns Fil de Guá, que ese mesmo día sorprenderán con Emproianova.

Clausura

A compañía galega Nauta pechará o festival o domingo 19 no Teatro Principal coa súa nova obra Ephimeros. A representación terá lugar ás 20.00 horas, xusto despois da entrega do Premio Galicreques 2025, cuxa persoa homenaxeada se dará a coñecer proximamente.

Xunto a Nauta e Mircromina, a terceira estrea galega será a de Kalina Teatro, que presentará Limonardo dá vento o venres 12 no CSC de Santa Marta, dentro da programación escolar.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *