Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 septiembre, 2025
O Festival Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio e patrocinio de institucións como a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, o Ministerio de Cultura e Deporte a través do Inaem e a Fundación SGAE, ofrecerá un total de 16 funcións para o público escolar entre o 13 e o 17 de outubro deste ano. O programa escolar é un dos grandes sinais de identidade de Galicreques, encontro de carácter internacional que aposta dende os seus inicios polo achegamento directo aos espectadores e mais pola creación de públicos. A programación para o público xeral desenvolverase entre o sábado 11 de outubro e o domingo 19.
O Edificio da SGAE, situado na Rúa das Salvadas, acollerá o luns 13 de outubro ás 10.30 horas a primeira función escolar deste 30º Festival Galicreques: Pasmo de pedra, estrea da compañía galega Mircromina. A actividade continuará ese mesmo luns na carpa da Alameda que Galicreques instalada cada ano cunha obra coproducida polas formacións K`Paparota e Danthea Teatro: Verán na lavandaría. Teatro Escena pola súa banda representará ese mesmo luns no Teatro Principal a súa peza: Buh! Que medo!
Ao longo do resto da semana, actuarán para o público escolar compañías como Títeres Candelilla (Chile), Teatro La Estrella (Madrid), La Gotera de la Azotea (Andalucía), Agárrate Catalina (Arxentina), Roberto White (Arxentina), Zaches Teatro (Italia), Panta Rhei Antzerkia (Euskadi), Carmen Domech (Galicia), Txotxonguillo Taldea (Esukadi) e Fil de Guá (Cataluña).
Para levar o seu alumado a estas representacións, os centros de ensino poden anotarse xa. Para formalizar a inscrición, cómpre chamar aos teléfonos 981801237 e 667 771 147 ou escribir á seguinte dirección de correo electrónico: galicreques@titerescachirulo.com.
A programación escolar de Galicreques enmárcase dentro do programa deste festival de referencia que, neste 2025, acada a súa trixésima edición. Como cada ano, Galicreques estenderá a súa programación -que se desenvolverá entre o 11 e o 17 de outubro- por diferentes espazos da cidade. O Teatro Principal, a SGAE, a Alameda e os centros socioculturais recibirán, un outono máis, o Festival Internacional Galicreques.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)