Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 septiembre, 2025
O Festival Maré, de músicas e artes atlánticas, presenta Maré Expandido, un programa de actividades que ofrece obradoiros e actuacións en seis espazos municipais dende o xoves 25 ata o domingo 28 de setembro.
Maré Expandido arranca este xoves 25 no Centro Xove da Almáciga cun obradoiro de percusión africana a cargo de Latexo Percusión. A actividade desenvolverase de 16.00 a 18.00 horas e inclúe un encontro con artistas do festival. A inscrición é de balde con prazas limitadas a través do correo info@centroxove.como ou o teléfono 666993860.
A continuación, o CSC Maruxa e Coralia acolle un concerto de Leiden ás 18.30 horas.
Xa o venres, o Centro da Gracia é o escenario dun obradoiro de danza afro con Trópico de Grelos. A actividade está aberta a todos os públicos de balde con prazas limitadas en inscricións no 675519922.
O mesmo día, ás 20.30 horas Trinka actúa no CSC Maruxa e Coralia.
O programa continúa o sábado ás 19.00 horas co concerto de Briela Ojeda no CSC Maruxa e Coralia.
O domingo 28 péchase a programación con dúas propostas. De 11.30 a 13.00 horas no CSC Romaño haberá un obradoiro de circo con Circonove dirixido a rapazada de entre 6 e 14 anos. A inscrición é de balde con prazas limitadas a través do 981543005.
Na tarde do domingo, ás 17.00 horas, dará comezo na Sala das Máquinas o espectáculo “A danza como memoria, resistencia e coidado” de Antón Reixa e Kirenia Martínez.
Deste xeito, Maré espállase pola cidade e entra nos barrios para compartir música, palabra e encontro coas comunidades que os fan vivir. Maré Expandido achega o festival a públicos diversos e reforza a idea de que a cultura é un dereito de todas e todos.
Maré defínese como un festival humanizado, que entende a cultura como un dereito fundamental. O seu cartel é unha declaración de principios que combina respecto pola tradición e aposta pola innovación, busca responder a retos sociais como a crise climática, a redistribución de recursos, a saúde mental ou a violencia machista. A celebración do festival é tamén unha forma de facer política cultural desde o común, xerando espazos de encontro.
Próximas charlas
No mes de outubro están previstas charlas informativas no centros Rosalía de Castro (os días 1 e 2), La Salle (8 e 9), Compañía de María (10), na residencia universitaria Cristo Rey (o 14), na residencia Santiago Apóstolo (15), Antón Fraguas (21, 27 e 28) e Cluny (22 e 23).
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)