AD

Actualidad

O fútbol e o Xacobeo únense no I Torneo Internacional ‘Unindo Camiños’ en Santiago

today19 agosto, 2024

Background
share close
AD

O I Torneo de Fútbol «Unindo Camiños» comezará o vindeiro sábado 24 de agosto en Santiago de Compostela, co obxectivo de fomentar e difundir os valores do Xacobeo a través do deporte, en particular, o fútbol. Nesta primeira edición, participarán dez clubs de distintos puntos da Península Ibérica polos que discorre o Camiño.

O torneo, organizado polo Sporting Santiago en colaboración con Turismo de Galicia, pretende fortalecer os vínculos entre as cidades das rutas xacobeas, celebrando tanto a tradición do Xacobeo como o espírito deportivo.

O evento desenvolverase no campo de fútbol de Santa Isabel. O primeiro día, os equipos dividiranse en dous grupos de cinco para competir nunha fase de liguiña. Os mellores de cada grupo avanzarán ás semifinais e finais, que terán lugar o domingo 25 de agosto, coas semifinais pola mañá e a final pola tarde. Ademais, disputarase unha final feminina entre o Dépor Abanca e o Victoria F.C. de Santiago.

Os clubs participantes nesta edición inaugural son S.D. Compostela, E.D. Val do Miñor de Nigrán, Sevilla Fútbol Club, Pontevedra C.F., Futebol Clube do Porto, Arosa S.C., Real Deportivo da Coruña e Real Club Celta de Vigo.

Os partidos xogaranse na categoría Xuvenil División de Honra, con futbolistas de entre 15 e 18 anos, moitos dos cales xa compiten na UEFA Youth League e considéranse futuras promesas do fútbol tanto a nivel nacional como internacional.

A entrada para o público será gratuíta, permitindo aos afeccionados gozar de todos os partidos. Ademais, os xogadores e membros dos clubs terán a oportunidade de realizar unha visita cultural por Santiago de Compostela, explorando a súa historia, gastronomía e patrimonio.

Radio Líder Santiago colabora co I Torneo de Fútbol «Unindo Camiños».

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%