Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 abril, 2026
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2026. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mantivo este martes unha reunión de traballo en Santiago de Compostela co director da volta ciclista O Gran Camiño, Ezequiel Mosquera, co obxectivo de coordinar o dispositivo de seguridade da edición de 2026.
A proba, que se celebrará entre o 14 e o 18 de abril, contará cun amplo despregue de medios para garantir o seu correcto desenvolvemento. Durante o encontro, Pedro Blanco trasladou a plena colaboración do Goberno, subliñando a experiencia e profesionalidade da Garda Civil —especialmente da súa Agrupación de Tráfico— e da Policía Nacional na organización de eventos deportivos destas características.
O delegado tamén quixo poñer en valor a consolidación de ‘O Gran Camiño’, que alcanza xa a súa quinta edición, destacando a excelente acollida tanto a nivel deportivo como social. Neste sentido, amosou a súa satisfacción pola celebración dunha carreira deste nivel en Galicia, lembrando ademais a fonda tradición ciclista da comunidade.
Pola súa banda, a organización incidiu na importancia da coordinación institucional para garantir a seguridade de corredores e público, así como o éxito dunha cita que continúa gañando prestixio no calendario ciclista internacional.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)