AD

Actualidad

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro celebrará o seu IV Mercado Solidario de Nadal este mércores

today15 diciembre, 2025

Fondo
share close
AD

A iniciativa, organizada polo alumnado de 1º de Bacharelato Internacional, celebrarase o 17 de decembro e destinará toda a recadación a apoiar a labor social de Cruz Vermella, cun programa de actividades aberto a toda a cidadanía.

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro acollerá o vindeiro 17 de decembro, entre as 16:30 e as 21:00 horas, a IV edición do Mercado Solidario de Nadal, unha cita solidaria impulsada polo alumnado de 1º de Bacharelato Internacional e aberta a toda a cidadanía.

O mercado contará con postos de venda de roupa, libros e xoguetes de segunda man, ademais de pinchos e servizo de cafetería. Ao longo da tarde desenvolveranse numerosas actividades para todas as idades, como bingo, ruleta da fortuna, xogos de mesa, obradoiros de tarxetas de Nadal, un photocall, un muro dos desexos e propostas participativas como “Adiviña a canción”, ademais de música en directo.

Toda a recadación obtida durante a xornada destinarase integramente a Cruz Vermella, co obxectivo de colaborar coa labor social que a entidade desenvolve, especialmente durante as datas do Nadal. Na edición do ano pasado, o mercado logrou reunir arredor de 2.000 euros, contribuíndo a apoiar a numerosas familias.

O Mercado Solidario de Nadal consolídase así como unha actividade solidaria e participativa, que combina lecer, compromiso social e convivencia nunha tarde pensada para todos os públicos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *