AD

Comarca

O karateka de Ames Jadel Rodríguez logra o bronce na Liga Nacional de Logroño

today23 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

 

A Escola de Karate Dokkodo asinou unha gran actuación na segunda xornada da Liga Nacional cunha representación de seis deportistas de elite

Ames, 23 de febreiro de 2026.- A Escola de Karate Dokkodо volveu situar o deporte de Ames no panorama nacional tras a súa participación este fin de semana na Liga Nacional celebrada en Logroño. O equipo desprazado á Rioxa, composto por seis competidores, mediu o seu nivel contra os mellores karatekas do país nas modalidades de kata e kumite.

O éxito máis destacado da fin de semana foi o bronce acadado por Jadel Rodríguez Paulino na categoría Xuvenil Masculino +60 kg. Jadel demostrou unha gran solvencia e madurez competitiva, logrando subir ao podio nun dos escenarios máis esixentes e concorridos do calendario nacional.

Grandes sensacións en Kata

Na modalidade de kata, a representación amesá deixou moi boas sensacións. Na categoría alevín feminina, Vera Quintás asinou unha actuación brillante, superando tres roldas ata alcanzar os cuartos de final e disputar a repesca pola medalla, finalizando nunha meritoria sétima posición.

En categoría masculina, Mateo Quintás avanzou dúas eliminatorias en xuvenil, quedando ás portas da loita polas medallas, mentres que Xián Blanco superou a primeira rolda en infantil. Pola súa banda, Tiago Blanco protagonizou un dos momentos da xornada en alevín; tras unha polémica decisión arbitral, recoñecida polos propios responsables posteriormente, o deportista de Dokkodo perdeu o encontro a pesar de amosar un nivel técnico superior no tatami. Martina Barreiro completou a participación en kata xuvenil cun bo desempeño nun cadro de gran dificultade.

Competición de Kumite

No apartado de kumite, o nivel foi altísimo. Martina e Vera lograron superar os seus primeiros encontros con vitorias contundentes, cedendo no segundo combate sen opción de repesca. En categoría masculina, tanto Xián como Tiago foron eliminados en primeira rolda, sumando unha valiosa experiencia competitiva para o resto da tempada.

Dende a dirección da Escola Dokkodоo amósanse moi satisfeitos coa imaxe dada: “a presenza continuada na Liga Nacional consolida o traballo diario e a nosa aposta por competir ao máis alto nivel. Estamos cada vez máis preto dos grandes obxectivos e os resultados reafirman que imos polo bo camiño”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *