AD

Arte y Cultura

O mestre Aarón Zapico dirixirá por primeira vez a Real Filharmonía de Galicia

today7 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • O recital, que levará por nome ‘Le grand tour’, celebrarase este xoves 9 no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas.

07/11/2023-.  A Real Filharmonía de Galicia regresa esta semana á súa sede do Auditorio de Galicia tras participar a pasada no ciclo ‘Ópticas contemporáneas. A música reborda o pentagrama’ da Cidade da Cultura. Nesta ocasión será co concerto ‘Le grand tour’, pertencente á temporada Migracións e no que o mestre Aarón Zapico dirixirá por primeira vez a orquestra galega.

Nesta ocasión homenaxearase os grand tour, as viaxes que emprendían entre os séculos XVII e XIX os mozos europeos de clase alta destinados a liderar Europa e que nos levou a coñecer grandes obras de arte que nos marcarían para sempre. Tal e como os define Zapico, «eran como os interraíles da época».

O programa do concerto inclúe o Concerto grosso núm. 5, de Charles Avison; a Sinfonía núm. 3, de José Castel; a Abertura «La Bizarre», de Georg Philipp Telemann; a Sinfonía da Cantata «Am Abend aber desselbigen Sabbaths», de Johann Sebastian Bach; a Gran Sinfonía núm. 4, de Franz Xaver Richter, e a Sinfonía núm. 30, de Joseph Haydn.

O recital dará comezo ás 20:30h e, desde 45 minutos antes, os asistentes interesados poderán conversar co director Aarón Zapico no ciclo de coloquios do Auditorio de Galicia que busca fomentar o diálogo cos protagonistas artísticos.

Solicitado director

Aarón Zapico é un dos artistas máis solicitados do panorama actual que durante os últimos vinte anos contribuíu de maneira definitiva á recuperación do patrimonio musical español e á renovación do sector da música clásica mediante a creación de ousados e innovadores programas.

A súa presenza á fronte de importantes orquestras sinfónicas e agrupacións especializadas é parella á dirección musical e artística do seu conxunto Forma Antiqva, considerado como un dos máis prestixiosos e influíntes do país.

Esta será a primeira vez como director de Zapico coa Real Filharmonía, pero non como músico. «Hai máis de 20 anos a Real Filharmonía chamoume para facer de contínuo de clavecinista con Frans Brüggen de director e foi destes proxectos vitais que che cambian a vida. Volver máis de 20 anos despois, esta vez a dirixir, é un privilexio».

Entradas á venda

Para o evento as entradas están á venda a un prezo de 15€. Pódense adquirir na Zona C, no despacho de billetes do Auditorio de Galicia ou a través da web compostelacultura.gal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%