AD

Actualidad

O Monbus Obradoiro e Gadis xogan o partido máis solidario do ano

today3 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

O Monbus Obradoiro e Gadis únense por 12º ano consecutivo para organizar o «Partido Solidario Gadis», que terá lugar o sábado 14 de decembro, ás 18:30 horas, no Multiusos Fontes do Sar. Nesta ocasión, os composteláns enfrontaranse ao Flexicar Fuenlabrada nun evento que combina deporte e solidariedade.

Como parte desta iniciativa, Gadis comprométese a doar 5 quilos de alimentos non perecedoiros por cada punto que anoten os xogadores de ambos equipos ao longo do encontro. A recadación destinarase ao Albergue Xoán XXIII, unha entidade compostelá recoñecida pola súa labor social en favor de persoas en situación de vulnerabilidade.

Ademais, Gadis puxo en marcha unha promoción especial nas súas tendas de Santiago e áreas de influencia (Negreira, Meixonfrío, Cacheiras, Ordes, Padrón, Bertamiráns e Teo). Por compras superiores a 40 euros, os clientes recibirán un vale con código promocional para adquirir ata catro entradas na Tribuna 2 por 10 euros cada unha (prezo reducido). Esta oferta estará dispoñible ata o propio día do partido ou ata esgotar o aforo.

As entradas tamén se poderán adquirir nas oficinas do club, de luns a venres en horario de mañá, ou o mesmo día do evento a partir das 17:00 horas na billeteira.

Unha oportunidade única para gozar do mellor baloncesto galego e colaborar cunha causa solidaria que transforma vidas.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%