AD

Actualidad

O Museo Casa de la Troya abre de novo as súas portas durante a Semana Santa

today19 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Haberá visitas guiadas pola vella pensión de estudantes, en grupos de doce persoas como máximo

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- O Museo Casa de la Troya abre de novo as súas portas ao público durante a Semana Santa. Poderá visitarse xa desde este xoves, 21 de marzo, ata o domingo 31 (incluído). Co fin de facilitar as visitas, abrirase tamén os dous domingos, o de Ramos e o de Pascua, pechando unicamente o luns 25 e o martes 26. O horario é o habitual, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O Museo abrirá novamente en maio para comezar a temporada de verán.

Benigno Amor é o director do Museo e presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o Museo. Explica que “as visitas son guiadas e teñen unha duración de entre vinte e vintecinco minutos, en grupos de doce persoas como máximo”. Anima a todos os composteláns e aos visitantes a que se acheguen nestas datas a coñecer e percorrer a vella pensión de estudantes que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela La Casa de la Troya.

As entradas ao Museo son de 3 € o prezo xeral e de 2 € o reducido para familias numerosas, persoas xubiladas e desempregadas, estudantes e peregrinos. “Nesta ocasión incorporamos tamén á veciñanza de Compostela á tarifa reducida, para animala a redescubrir unha parte da súa cidade, que seguro vai sorprender a quen non a coñeza. Ademais, a visita á Casa de la Troya é como unha viaxe no tempo, moi axeitada para facela en familia ou cun grupo de amigos» -sinala Amor-.

As visitas para grupos poden reservarse a través do correo electrónico visitas@lacasadelatroya.gal ou dos teléfonos do Museo: 981 585 159 e 695 211 266. A partir das sete persoas aplícase un prezo especial de 1,50 € por visitante, sempre que sexa previamente concertada».

“Aínda que nos meses de inverno o Museo permaneceu pechado, estivemos traballando na súa posta a punto. Neste tempo recibimos tamén a algún grupo que nolo solicitou, como o encabezado pola secretaria de Turismo do Estado de Querétaro (México), Adriana Vega Vázquez Mellado, que visitou a Casa de la Troya no marco dunha estadía para coñecer o modelo turístico de Galicia» -salienta o director-.

Tal como apunta Amor, “a nosa previsión é reiniciar despois a temporada de verán a mediados de maio, para celebrar o Día Internacional dos Museos e o Día das Letras Galegas. Abriremos as fins de semana, de xoves a sábado, ata mediados de xullo, e xa en horario continuado (de martes a sábado) ata mediados de setembro”. Indica así mesmo que no mes de maio regresarán os Roteiros Troyanos, percorridos teatralizados polo casco histórico da cidade e o Museo Casa de la Troya, que se prolongarán durante todo o verán.

Un edificio do século XVIII

O Museo Casa de la Troya recrea unha antiga pensión de estudantes e a vida universitaria de Santiago a finais do século XIX que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela homónima. O edificio, construído a mediados do século XVIII, foi hospedaría de estudantes entre 1886 e 1906 e nel aloxouse o personaxe principal da novela de Lugín e os seus compañeiros de estudos. Abriu as súas portas como museo en 1993, grazas ao mecenas compostelán Benigno Amor Rodríguez, finado no ano 2009.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%