Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Negreira proclamouse campión da Copa do Sar este domingo despois de superar ao Calo nun enfrontamento vibrante que tivo de todo: goles, remontadas e unha decisiva quenda de penaltis que acabou decantando o título a favor dos nicrarienses.
O conxunto de Adrián Vázquez chegou a esta final con moita ambición, consciente de que o dobre obxectivo de levantar o trofeo e lograr o ascenso á Terceira Federación aínda estaba ao seu alcance.
Non tardaron en abrir o marcador grazas a un tanto temperán de Paco, pero a alegría durou pouco, xa que Jonathan Vieites igualou rapidamente para o Calo. Na segunda metade, Martín Pérez puxo por diante ao equipo calense, aínda que a resposta do Negreira foi inmediata: Antón Rial estableceu o 2-2 apenas cinco minutos despois.
Co empate no marcador tras os 90 minutos regulamentarios, a tensión trasladouse aos penaltis. Alí, o Negreira estivo máis acertado e conseguiu alzarse coa vitoria.
O acto de entrega de trofeos estivo presidido por Pablo Prieto, máximo responsable da Real Federación Galega de Fútbol, acompañado polos directivos Silvia Cancela, María González, Luis Serantes e Manuel Lores.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)