AD

Actualidad

O Obradoiro lanza un concurso para buscar o seu himno

today21 abril, 2025

Fondo
share close
AD

O Multiusos Fontes do Sar xa é coñecido por vibrar co “Miudiño” antes de cada partido, mais agora o club quere dar un paso máis e crear un himno propio que acompañe os momentos decisivos de cada encontro. Obradoiro CAB lanza unha convocatoria aberta a todos os seareiros e amantes da música para contribuír con propostas que poderían converterse no símbolo sonoro do club.

A idea é clara: crear unha peza que fortaleza o sentimento colectivo, un canto que se escoite nos momentos de emoción, que una á bancada e impulse ao equipo coma un auténtico sexto xogador. Para dar o primeiro paso, o club contou coa colaboración da banda santiaguesa Ruxe Ruxe, referente do rock galego, que xa presentou unha proposta inicial titulada «A Sar Eu Vou».

Se che apaixoa a música e queres formar parte desta historia, podes enviar a túa proposta en formato MP4 (xunto coa letra nun documento Word ou PDF) antes do 30 de abril a comunicacion@obradoirocab.com. As cancións non deberán superar os 4:30 minutos na versión longa e os 1:30 minutos na versión curta.

O himno escollido será presentado nun momento moi especial: o último partido da temporada da Primera FEB no Sar, fronte ao Inveready Gipuzkoa.

¿Preparado para facer soar o teu corazón en forma de himno? O Obradoiro agarda por ti.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *