AD

Actualidad

O persoal de Bidafarma en Santiago protesta polo desvío de traballo a outros centros

today28 enero, 2026

Fondo
share close
AD
  • CCOO tamén denuncia a inseguridade laboral na quenda da fin de semana pola falta de mantemento

28-01-2026.- O cadro de persoal da planta de Bidafarma en Santiago de Compostela, convocado por CCOO, realizou este mércores a primeira dunha serie de protestas programadas para as próximas semanas co fin de denunciar que a dirección da empresa está a desviar carga de traballo a outros centros, o que xera incerteza entre as persoas traballadoras sobre o seu futuro laboral.

CCOO sinala que o xerente de operacións de Galicia de Bidafarma está a trasladar liñas de despacho cara a outros almacéns, unha operativa que fai temer unha perda de man de obra no centro de traballo de Santiago. Ademais, a representación das persoas traballadoras —conformada por dous delegados e unha delegada, todos de Comisións— non está a recibir información ningunha sobre estas decisións.

Desde o sindicato critican que non se están a cubrir as vacantes, nin as xubilacións, nin as vacacións, mentres que as gardas da fin de semana sofren un exceso de traballo. Ao tempo, durante os sábados e os domingos tamén se produce unha falta de mantemento, que só se fai de luns a venres, unha situación denunciada desde hai tempo pola representación sindical. Isto está a repercutir xa na saúde laboral do persoal, con algúns accidentes de traballo que debían evitarse.

Amais, tamén se están a producir problemas á hora de autorizar permisos recollidos no convenio. Por todos estes motivos, CCOO chama a repetir a protesta na hora do bocadillo todos os mércores do vindeiro mes de febreiro.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *