AD

Comarca

O Pino reforza o seu compromiso co agro e o rural

today27 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

O alcalde do O Pino, Manuel Taboada, mantivo este xoves, 26 de febreiro, unha reunión coa conselleira do Medio Rural, María José Gómez, co obxectivo de avanzar en actuacións estratéxicas para o desenvolvemento do sector primario no municipio.

No encontro analizáronse as necesidades específicas do agro no Pino, facendo especial fincapé na cooperación en materia de mobilidade de terras e concentracións parcelarias, ferramentas clave para facilitar a ampliación das explotacións e mellorar a súa competitividade. O rexedor insistiu na importancia de rematar canto antes os procesos de concentración parcelaria nas parroquias de Pereira e Arca, unha demanda histórica do rural pinesiño.

Outro dos eixes prioritarios abordados foi a mellora das infraestruturas rurais. Neste ámbito, O Pino conta cunha axuda de máis de 70.000 euros dentro do Plan Camiña Rural 2025-2026, destinada ao acondicionamento e posta en valor de camiños municipais. Esta actuación permitirá garantir accesos axeitados ás explotacións agrarias e ás vivendas situadas no rural, reforzando a seguridade e a funcionalidade da rede viaria local.

Desde o Concello subliñan que continuarán traballando para que o sector primario dispoña de máis recursos, mellores servizos e novas oportunidades de desenvolvemento, consolidando así o compromiso firme co agro e co futuro do rural.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *