AD

Actualidad

O PP acusa de incompetencia ao goberno por non municipalizar o parking da Praza de Galicia

today8 julio, 2025

Fondo
share close
AD
  • Villa pediu “responsabilidade, seriedade e traballo” por parte dos nacionalistas,  “é surrealista que estea a pasar isto con cada contrato da nosa cidade. Sempre tarde, sempre mal e sempre pagan os mesmos: os santiagueses”
  • O popular lamentou hoxe que, por culpa da incapacidade do goberno nacionalista, desde o 3 de xullo sigamos pagando un tarifazo por aparcar na Praza de Galicia.
  • O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, lamentou hoxe que, por culpa da incapacidade do goberno nacionalista, desde o 3 de xullo sigamos pagando un tarifazo por aparcar na Praza de Galicia.

Así, destacou que “por moito que pasen os anos, os socios permanentes, o tripartito do PSOE, BNG e CA, hai temas recorrentes que se manteñen na nosa cidade sen que ninguén destes gobernos sexa quen de arranxar”. “Porque o tema que nos trae hoxe aquí é de novo o problema de aparcamento en Santiago, unha cuestión  coa que o BNG fixo campaña electoral hai dous anos pero que, lonxe de arranxar ou tomar medidas, caemos de novo na incompetencia absoluta en mudar absolutamente nada”, denunciou.

E é que, como expuxo o edil popular, o pasado xoves caducou a concesión e, froito da incompetencia dos nacionalistas, asinouse unha continuidade do servizo, ante a imposibilidade de prorrogalo. Así, reprochoulle ao goberno local que en dous anos non fosen quen de constituír a comisión e comezar todos os estudos pertinentes para chegar a tempo de municipalizar este servizo.

“Isto -continuou- ten consecuencias, e imos pagar, ben cara, a inutilidade deste goberno nacionalista que non está capacitado para xestionar absolutamente nada”.

Villa salientou que “no caso de ter chegado a tempo, os nosos cidadáns teríanse aforrado arredor dun 1€ á hora por aparcar na praza de Galicia, xa que aparcar unha hora na praza de Galicia custa case 2€, e 3 horas case 5€, mentres, no aparcamento de xestión municipal de Xoán XXIII custa 1,31€ e 2,61€ respectivamente”.  Insistiu tamén nos prezos como abono mensual, onde o do aparcamento de Xoán XXIII, de xestión municipal é de 61,33€ fronte aos 116,95€ (só en horario diurno) de praza de Galicia. “Unha diferencia substancial. O dobre”, cualificou.

O popular lamentou que “ao final os prexudicados sempre son os mesmos, os veciños e veciñas do casco histórico ou os do Ensanche que non contan con prazas de aparcamento”.

5 ANOS DE RETRASO

Hai que lembrar que xa en xaneiro de 2020, o Partido Popular de Santiago puxo enriba da mesa a esixencia de comezar os estudos e traballos pertinentes para municipalizar os aparcamentos da Praza de Galicia e Praza de Vigo.

En abril de 2022, logo de insistir por parte da nosa formación, aprobouse en Pleno que o goberno municipal asumise esa xestión pública, tamén co voto favorable do BNG e CA. E, na campaña electoral, foi unha cuestión que prometeron socialistas e nacionalistas.

Xa neste novo mandato nacionalista, volvémolo a advertir, en 2024, posto que o 3 de xullo de 2025 caducaba a concesión de praza de Galicia e, en outubro de 2026, caducará a da praza de Vigo.

CUESTIÓN DE RESPONSABILIDADE

Por todo isto, Villa pediu “responsabilidade, seriedade e traballo” por parte dos nacionalistas,  “é surrealista que estea a pasar isto con cada contrato da nosa cidade. Sempre tarde, sempre mal e sempre pagan os mesmos: os santiagueses”.  “Agardamos unha reacción rápida, eficaz e que co comezo do curso escolar, este goberno resolva esta municipalización para deixar de prexudicar os petos dos composteláns”, concluíu o popular.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *