AD

Actualidad

O PP amosa o seu total apoio á Semana Santa compostelá participando en todas as procesións

today22 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • O concelleiro, Adrián Villa, solicitou ao BNG un seguimento exhaustivo dos servizos municipais co fin de garantir o transcurso dos 16 desfiles procesionais.
  • Os populares salientaron o “importante pulo económico para o comercio, hostalaría e hoteleira”, polo que esixen aos nacionalistas un incremento económico para preservar o patrimonio das Confrarías compostelás.

Co inicio das procesións da Semana Santa compostelá, o Partido Popular de Santiago amosou o seu total apoio a esta conmemoración, participando nas procesións de todas as confrarías da cidade.

O concelleiro, Adrián Villa, puxo así en valor que a Semana Santa é xa un referente para a capital de Galicia e aínda ten moito camiño por percorrer”, algo que ven avalado pola relevancia que ten adquirido nos últimos anos, concretamente, desde a declaración como Festa de Interese Turístico autonómico no ano 2018.

Con este compromiso, durante o Pleno celebrado o pasado mércores, os populares solicitaron ao BNG un seguimento exhaustivo dos servizos municipais básicos”, co fin de que as 16 procesións “poidan transcorrer con total normalidade” polo Casco Histórico de Santiago.

Por outra banda, os populares aproveitaron para demandar aos nacionalistas un incremento económico na aportación á Xunta de Confrarías da cidade. Unha contía que, ata o de agora, tan só corresponde ao importe que outorga o Goberno galego ás festas de Interese Turístico.

Así, Villa manifestou que “os recursos económicos son moi necesarios para as Confrarías, posto que teñen que preservar un importante patrimonio que non se pode perder”.

A Semana Santa compostelá é unha mostra de relixiosidade popular e de cultura tradicional de Santiago e, cada vez, son máis os visitantes que acoden a Compostela atraídos por unha conmemoración na que destaca a súa sobriedade e beleza dos seus pasos, que poñen en valor o noso patrimonio monumental.

Estamos ante unha tradición histórica e cultural arraigada na veciñanza santiaguesa, unha tradición que dá sentido á maioría das realidades que conforman a orixe, a evolución e o presente de Santiago e do seu Camiño, como cidade de referencia no mundo pola súa vinculación co sentir relixioso.

Por último, Adrián Villa aproveitou para convidar a participar en todos os actos e procesións, xa que ademais de ser un ben relixioso e cultural, é un importante pulo importante para o comercio, hostalaría e hostalaría da cidade”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%