AD

Actualidad

O PP compostelán denuncia a falta de política aeroportuaria do BNG

today20 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

María Baleato manifestou que “desde que os nacionalistas están a gobernar a cidade, o que vemos é eliminación de prazas na oferta de voos e reducións nas conexións por avión, así que o que lles queremos dicir, tamén, é que deixen de buscar culpables”.

A popular lembrou que “xa no Pleno ordinario de febreiro, amosamos a nosa preocupación pola anunciada eliminación de 40.000 prazas na oferta de voos para o verán e polas reducións aeroportuarias, que pasaban de 25 a 20, o que afecta ás conexións internacionais”.

A concelleira do Partido Popular de Santiago, María Baleato, denunciou hoxe a falta de política aeroportuaria do BNG, que non presenta obxectivos concretos, nin unha liña de actuación coherente.

Coas últimas declaracións dos nacionalistas, os veciños de Santiago volven a atoparse ante unha nova mensaxe baleira, como as moitas que levan enviando aos medios de comunicación desde que entraron no Goberno, unha mostra máis da súa incompetencia e incapacidade para dirixir os retos dunha cidade que é a capital de Galicia.

“Desde que está a gobernar a cidade o BNG, o que vemos e escoitamos na prensa é a eliminación de prazas na oferta de voos e reducións nas conexións por avión, así que o que lles queremos dicir, desde o Partido Popular, é que se poñan a traballar e deixen de buscar culpables”, explicou Baleato.

Para a concelleira popular, “resulta sorprendente que os nacionalistas digan agora que necesitamos incrementar as conexións internacionais, cando é o propio BNG o que as ven deixando marchar, polo que insistimos en que defendan, con convicción, o noso aeroporto”.

A popular lembrou que “xa no Pleno ordinario do mes de febreiro amosamos a nosa preocupación pola anunciada redución de 40.000 prazas na oferta de voos para a tempada de verán e polas reducións aeroportuarias, que pasaban de 25 a 20, o que afecta ás conexións internacionais”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%