Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today9 junio, 2024
Adrián Villa lamenta a actitude “soberbia e insolidaria” da alcaldesa nacionalista, xa que dita petición foi realizada no mes de agosto de 2023 e buscaba unha solución para conectar o máximo de usuarios e, deste xeito, desconxestionar o tráfico que vai á capital de Galicia.
“A falta de colaboración institucional, por parte de Sanmartín, resulta realmente chamativa, cando é ela a primeira en queixarse doutras administracións e, agora, non só tarda un ano en contestar aos veciños de Teo, senón que os deixa sen un servizo necesario”, remarcou.
O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa tacha a Goretti Sanmartín de “maleducada” ao tardar case un ano en dar resposta á alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, quen solicitaba ampliar a liña 6 de autobús urbano de Santiago, que actualmente chega ata o núcleo teense dos Tilos, ata a rotonda do Gadis de Cacheiras.
O popular lamenta a actitude “soberbia e insolidaria” da alcaldesa nacionalista, xa que dita petición foi realizada no mes de agosto de 2023 e buscaba unha solución para conectar o máximo de usuarios e, deste xeito, desconxestionar o tráfico que vai á capital de Galicia, ademais supoñer unha mellora para os veciños e veciñas dos dous municipios.
“A falta de colaboración institucional, por parte de Sanmartín, resulta realmente chamativa, cando é ela a primeira en queixarse doutras administracións e, agora, non só tarda un ano en contestar aos veciños de Teo, senón que os deixa sen un servizo que é necesario”, remarcou.
Cabe sinalar que os nacionalistas composteláns tiñan anunciado unha liña que uniría tres concellos, Santiago, Ames e Oroso, cunha frecuencia de 30 minutos, o que “fai máis sorprendente esta decisión”, apuntou Villa.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)