AD

Actualidad

O PP critica a “ineptitude” do goberno polo atraso no arranxo do ascensor de Triacastela

today4 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

Para o concelleiro Adrián Villa é “surrealista” que non se tivese arranxado a avaría en horas, tal e como tería sido habitual nun ascensor de calquera outro edificio da cidade.

• Os populares esixiron autocrítica a un BNG que hai 2 anos, na oposición, denunciaba falta de mantemento no elevador e que, logo de 2 anos gobernando, non tomara cartas no asunto.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, solicita explicacións e unha actuación urxente por parte do goberno local ante as dúas semanas que leva sen funcionamento o ascensor de Triacastela.

Para o edil é “surrealista” que un concello como o de Santiago de Compostela non tivese solucionado esta avaría en horas, tal e como tería sido habitual nun ascensor de calquera comunidade de veciños da cidade ao tempo que tachou ao goberno nacionalista de “inepto” por demorar máis de 15 días o arranxo. Así e todo Villa manifestou non estar sorprendido ante “unha clara e evidente falla de mantemento nesta instalación”.

O elevador, instalado no ano 2019 a petición da propia veciñanza, veu a arranxar un gran desnivel entre os Concheiros e a avenida de Lugo, facilitando así a mobilidade de persoas maiores, en cadeiras de rodas ou carriños de bebés. En cambio, o presente mes de maio, concretamente hai máis de 15 días, sufriu unha avaría que o goberno non tivo capacidade de arranxar, xerando así un evidente problema de mobilidade na zona.

Adrián Villa esixiu así autocrítica aos nacionalistas, posto que “no ano 2023 eran eles mesmos, estando na oposición, os que -denunciaban a falla de mantemento do elevador- nos medios e no Pleno Municipal e, agora que levan case dous anos gobernando, non fixeron nada por evitar que isto ocorrese”.

Con todo isto, os populares, logo de recibir múltiples chamadas por parte da veciñanza da zona, pediron que o goberno do BNG dea todas as explicacións pertinentes, arranxe o elevador o antes posible e, por suposto, poña en marcha un plan de mantemento para evitar que volva a avariarse.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *