AD

Actualidad

O PP de Santiago aborda a convivencia de veciños e turistas con edís de Córdoba e Segovia

today27 enero, 2025

Fondo
share close
AD

• “Como defendemos os populares, -explicou Olaya Otero- trátase de regular e non como fai o BNG que centra as súas políticas, tamén as turísticas, en prohibir, o que trae como consecuencia frear o desenvolvemento non só económico, senón que tamén cultural de Compostela”.

• Unha das medidas estudadas sería a tomada por Segovia, que conseguiu frear o deterioro e abandono do seu Casco Antigo, grazas a convivencia de veciños, visitantes e á rehabilitación de pisos para o alumnado das dúas universidades coas que conta o termo municipal.

Nestes días, as concelleiras do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero e Olaya Otero, veñen de visitar FITUR en Madrid, onde aproveitaron para manter diferentes encontros, co fin de aproveitar as experiencias positivas doutros lugares de España en materia de turismo e poder, así, aplicalas na capital de Galicia.

Así, as concelleiras intercambiaron experiencias, entre outros, cos responsables de Turismo de dúas cidades como Córdoba e Segovia, que comparten con Santiago ser Cidades Patrimonio da Humanidade..

“Como defendemos dende o Partido Popular de Santiago, -explicou Olaya Otero- trátase de regular e non como fai o BNG que centra as súas políticas, tamén as turísticas, en prohibir, o que trae como consecuencia frear o desenvolvemento non só económico, senón que tamén cultural de Compostela”.

Para as populares, é importante destacar que estas dúas localidades son claros exemplos de encontro entre habitantes e visitantes xa que, aínda que teñen características moi diferentes entre elas, ambas desenvolven políticas de diálogo e consenso, de non confrontación.

Unha das medidas estudadas sería a tomada por Segovia, que conseguiu frear o deterioro e abandono do seu Casco Antigo, grazas a convivencia de veciños, visitantes e á rehabilitación de pisos para o alumnado das dúas universidades coas que conta o termo municipal.

Otero indicou que “os nacionalistas deberían xestionar dende a responsabilidade, a transparencia e a escoita activa, tendo en conta á veciñanza e aos principais colectivos do sector, conseguindo a través do diálogo a convivencia harmoniosa, duns e outros, en lugar de xerar conflitos, xa que, é claro que si noutros lugares é posible, en Compostela tamén o é, pero fai falla capacidade de xestión e interese real en acadar dito obxectivo”.

“Lamentablemente o pouco coidado que o BNG poñen nas políticas de turismo, quedou patente, novamente, coa campaña que presentaron o pasado xoves en FITUR, cunha presentación “descafeinada” e que transmitía “ningún orgullo de ser de Santiago”.

Olaya Otero remarcou que, ao igual que fan outras Cidades Patrimonio, Santiago ten que ser quen de aproveitar a oportunidade que representa ser un dos principais destinos turísticos de Europa, xestionando e regulando, de xeito que se asegure a vida cotiá das persoas que residen no noso concello, co lóxico interese que esperta ser unha cidade patrimonio”.

Finalmente, a edil popular considera que, neste momento é imprescindible que Compostela aproveite totalmente o potencial da cidade, para o seu desenvolvemento, sen renunciar a medrar noutros sectores como o industrial.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *