Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 marzo, 2025
O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Adrián Villa, criticou nas súas redes sociais ao BNG, promotor da campaña “Compostela é fráxil”, por permitir, segundo el, o deterioro do casco histórico a través de organizacións vinculadas á formación nacionalista.
Villa acusou ao goberno municipal de “hipocrisía” por impulsar unha campaña que supostamente busca preservar o patrimonio da cidade mentres, pola contra, “tolera actuacións que poñen en risco a súa conservación”. A súa denuncia, acompañada de imaxes que evidencian o mal estado dalgunhas zonas do centro histórico.
O edil popular xa ten sinalado en diversas ocasións a falta de mantemento en varios puntos da cidade, así como a necesidade de reforzar as medidas para garantir a protección do patrimonio compostelán. Ademais, o PP local vén denunciando o incumprimento de contratos municipais, como o do servizo de limpeza, que afecta directamente ao estado da cidade.
Desde o goberno municipal aínda non houbo resposta oficial ás declaracións de Villa. Mentres tanto, a polémica segue aberta, cunha cidade que loita por atopar o equilibrio entre a preservación do seu casco histórico e a súa convivencia co turismo e a vida cotiá dos residentes.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)