AD

Actualidad

O PP de Santiago acusa ao goberno nacionalista de «rirse» dos traballadores dos Centros Socioculturais

today22 agosto, 2025

Fondo
share close
AD
  • Segundo o concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, “as mentiras do goberno local e a súa lexendaria incapacidade de xestión chega, neste caso, a unha gravidade difícil de superar”.

O Partido Popular de Santiago leva meses avisando da situación insostible dos Centros socioculturais, “non sabemos -asegurou o concelleiro popular, José Ramón de la Fuente-, que se esconde detrás desta indolente e neglixente xestión, pero non ten explicación que, tras dous anos dándolle voltas a unha nova licitación destes contratos, aínda non se teñan feito”.

“O certo é que os actuais contratos naceron mal, non se dimensionaron adecuadamente, nin dende o punto de vista técnico, nin económico e axiña foi evidente que non había máis alternativa que ir a unha nova licitación”, remarcou.

De la Fuente insistiu en que, “a pesar de sabelo, o goberno nacionalista non foi quen de sacar adiante o expediente, prorrogou os contratos varias veces, en contra do criterio das empresas, facendo imposible a viabilidade das prestacións; agora, reséntese a situación laboral dos traballadores afectados e os servizos que reciben os usuarios”.

“O propio goberno local manifestouse en diversas ocasións sobre a inaprazable necesidade de proceder a unha nova licitación -agregou-, anunciando incluso uns prazos que foron sistematicamente incumpridos, poñendo de manifesto a súa nula capacidade para xestionar a tramitación dun novo expediente de licitación que, a día de hoxe, non foi aínda publicado”.

O popular reiterou que, “xa dende o principio do mandato, se viron os problemas, que foron denunciados polas empresas, que pediron incluso a rescisión dos contratos; os traballadores, que denunciaron impagos de nóminas; e os usuarios, que se queixaban das continuas suspensións de actividades”.

“O goberno nacionalista atreveuse tamén a anunciar, varias veces, a inminente licitación dos mesmos, dos que chegou a dicir que os pregos estaban listos, pero pasaron os meses e na plataforma de licitación non se publicaron”, subliñou.

De la Fuente tamén lembrou que, “en novembro pasado, os nacionalistas reorganizaron o departamento de Centros Socioculturais, co fin de levar a cabo un axuste global de tarefas, para un mellor funcionamento da rede de Centros que, á vista está, non dá resultados”.
“En xuño prorrogáronse de novo os contratos ata outubro e se anunciou que, nesa data, estaría resolta a nova licitación; estamos a menos dun mes e medio de que rematen as prórrogas e nada sabemos da licitación dos novos contratos; polo tanto, non se chegará a tempo de adxudicalos, volverán a prorrogalos outra vez, mentindo, unha vez máis, aos traballadores e empresas, -insiste de la Fuente-, os nacionalistas xa saben que non poden cumprir prazos, nin os compromisos, pero seguen adiante coa mentira”.

“A cuestión é clara, as mentiras do goberno local e a súa xa lexendaria incapacidade de xestión adopta, neste caso, unha gravidade difícil de superar”, agregou.

“Pronto estaremos á volta dun novo inicio de curso e xa nos estamos temendo a suspensión de actividades -lamentou-, veremos como se resinte a actividade ordinaria dos Centros ante esta situación de incertidume, provocada pola incapacidade do goberno nacionalista”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *