AD

Actualidad

O PP de Santiago critica ao BNG e CA os reiterados peches do túnel do Hórreo

today2 diciembre, 2025

Fondo
share close
AD

• Para De la Fuente, “non é de recibo que un día si e outro tamén, o parque de bombeiros de Santiago estea inoperativo, ou que os efectivos que manteñen a seguridade da veciñanza non sexan suficientes; e a iso, agora, hai que sumarlle que unha das vía que vertebran o tráfico da cidade teña que estar pechado durante horas, de forma incomprensible”.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, esixiulle hoxe ao goberno de BNG e CA que busquen unha solución urxente ante “os reiterados e inadmisibles” peches do túnel do Hórreo, que “ademais de producir interminables atascos no tráfico en hora punta, supón unha situación surrealista, sobre todo, nunha cidade que é a capital de Galicia”.

“Cada día é máis evidente -subliñou o edil popular- que Goretti Sanmartín nin sabe, nin pode, polo que está a facerlle moito dano a Santiago coa súa neglixente e irresponsable forma de dirixir a cidade e que está a poñer en risco a vida dos santiagueses”.

Para De la Fuente, “non é de recibo que un día si e outro tamén, o parque de bombeiros de Santiago estea inoperativo, ou que os efectivos destinados a manter a seguridade da veciñanza non sexan suficientes; e, agora, a iso hai que sumarlle que unha das vía que vertebran o tráfico, como é o túnel do Hórreo, teña que manterse pechado durante horas, de forma incomprensible”.

“Preguntámonos -dixo- que máis ten que pasar na cidade para que o goberno de BNG e CA reaccione, a que espera?, están esperando a que ocorra unha desgracia?, non atopan solución a estas situacións, pero si encontran tempo e diñeiro para, como acabamos de coñecer, contratar un novo asesor a dedo, concretamente, un ex-concelleiro do BNG en Ribeira”.

O popular remarcou que “está claro que os nacionalistas non teñen nin ideas, nin ganas, nin capacidade para dirixir á capital de Galicia, segundo eles non hai cartos para pagar aos Policías locais nin a bombeiros, pero ben que o conseguen para seguir facendo máis grande a xa coñecida “axencia de contratación” de membros do BNG no Concello santiagués”.

Finalmente, De la Fuente insistiu en que “non lle chegaron dous anos e medio, para arranxar o problema co parque de bombeiros, cos bombeiros, coa Policía local, e, sen embargo, si lles sobrou tempo para multiplicar por dous o número de asesores; para multiplicar por dous o número de altos cargos, con salarios de 75.000 €”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *