Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 abril, 2024
“Os atascos convertéronse nun problema recorrente, que non mellorará ata a apertura do Orbital e o Orbitaliño, polo que, ata ese momento, o BNG debe facilitar a circulación tanto dos usuarios que van a facer as súas compras, como a afluencia de traballadores”, subliñou Olaya Otero.
Destaca que “a falta de accesos en condicións e con capacidade para absorber o volume de tráfico que se acumula nesta parte da SC-20, é amplamente coñecida e, despois de varios gobernos de esquerdas, leva anos sen arranxarse”.
A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, demándalle ao BNG que tome as medidas necesarias co fin de desconxestionar os atascos que se producen no acceso ao Polígono da Cosa Vella e garantir, así, a normal circulación e a seguridade viaria.
“As conxestións de tráfico nesta zona de Santiago convertéronse xa nun problema recorrente, que non mellorará ata a futura apertura do Orbital e o Orbitaliño, polo que ata ese momento, o BNG ten a obriga de facilitar a circulación correcta tanto dos usuarios que se achegan a facer as súas compras, como a afluencia de traballadores que en horas punta entran e saen dos seus postos de traballo.”, destacou a popular.
Esta situación agrávase en datas sinaladas como en rebaixas, o Nadal ou en días do fin de semana, polo que son numerosas as xornadas nas que os santiagueses teñen que soportar interminables caravanas de coches intentando acceder a este espazo.
Otero Sanjurjo destaca que “a falta de accesos en condicións e con capacidade para absorber o volume de tráfico que se acumula nesta parte da SC-20, é amplamente coñecida e, despois de varios gobernos de esquerdas, leva anos sen arranxarse”.
“Esta situación, insiste, non só trae consigo a incomodidade que supón ter que investir demasiado tempo para recorrer os poucos metros que hai dende o periférico ata a rotonda de acceso, senón que, ademais, prodúcense situacións de inseguridade que provocan perigo para vehículos e usuarios, ao coincidir a acumulación de coches, nun dos carrís, coa circulación doutros, algúns de grande tonelaxe, no carril contiguo”.
Situacións que se teñen chegado a materializar xa, en varias ocasións, en accidentes de tráfico. As medidas propostas, ata o momento, que se limitan a modificacións puntuais na sinalización, non parecen ter sido eficientes pois a situación continúa a repetirse.
Escrito por Líder Redacción
a sionlla denuncia empresas poligono pp radio lider santiago trafico
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)