AD

Actualidad

O PP de Santiago denuncia o abandono da estrada de Sarela de Abaixo

today18 julio, 2025

Fondo
share close
AD
  • Segundo explicou Nerea Barcia, os residentes da zona están cansos de presentar queixas por diferentes vías ante o Concello sen obter unha resposta efectiva.
  • «Imos seguir levando a voz dos veciños a veciña ao Pleno e a onde faga falta. Esta situación é insostible e require unha solución inmediata. Non se pode gobernar a base de promesas que nunca se cumpren», salientou a edil popular.

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, denunciou hoxe o lamentable estado da estrada de Sarela de Abaixo e criticou a pasividade do Goberno local, que malia prometer ser dialogante e atender as peticións veciñais, continúa sen ofrecer solucións reais a unha demanda urxente.

«O BNG presume de ser un goberno que escoita á veciñanza, pero a realidade é ben distinta. Os veciños e veciñas de Sarela de Abaixo levan moito tempo reclamando unha actuación nesta estrada e, ata o de agora, só recibiron promesas baleiras», afirmou Barcia.

Segundo explicou a concelleira popular, os residentes da zona están cansos de presentar queixas por diferentes vías ante o Concello sen obter unha resposta efectiva. A estrada, cada vez máis transitada, presenta numerosas fochancas e carece de espazos seguros para apartarse, supoñendo un risco para vehículos, peregrinos, ciclistas e transeúntes.

«Esta vía non precisa un simple rebacheado, senón un asfaltado completo. O único que reciben é grava e a indicación de que ‘a vaian botando segundo lles faga falta’. Isto é unha falta de respecto á veciñanza», denunciou Nerea Barcia.

A concelleira insistiu en que «desde o PP de Santiago imos seguir reclamando eses arranxos, tivemos a oportunidade de escoitar directamente aos veciños e veciñas afectados e imos seguir levando a súa voz ao Pleno e a onde faga falta. Esta situación é insostible e require unha solución inmediata. Non se pode gobernar a base de promesas que nunca se cumpren».

Barcia esixiu ao Goberno municipal do BNG que actúe dunha vez por todas e que priorice o benestar da cidadanía por riba das palabras:

«Os veciños xa non cren nas escusas. Queren feitos. E desde o Partido Popular imos estar ao seu carón ata que se dea unha resposta digna.»

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *