AD

Actualidad

O PP de Santiago denuncia o “colapso” nas licenzas de obras nas comunidades de veciños

today12 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD
  •  Adrián Villa explica que, “a día de hoxe, estanse concedendo permisos solicitados hai xa 4 meses para intervencións previstas para o verán aproveitando as condicións climatolóxicas”
  • O popular critica o gasto de 2,2 millóns de euros en asesores e directores de área, afirmando que “de nada serviron”, porque é “desesperante” facer trámites no Concello

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, denunciou a demora na concesión de autorizacións de ocupación de vía pública, para realizar traballos nas fachadas de diferentes comunidades de veciños da cidade.

“Un gran número de comunidades solicitaron durante a primavera estes permisos, co obxectivo de levar a cabo as intervencións durante o verán”, afirmaba o edil. Moitas destas obras, dadas as condicións climatolóxicas dos meses de xullo, agosto e setembro, terían sido feitas de forma áxil, quedando as edificacións preparados para o outono e inverno.

Os populares evidencian, así, o número de queixas recibidas nos últimos meses, tanto de comunidades de veciños, como das empresas que acometerán as obras ou, incluso, asesorías que tramitan este tipo de permisos e licenzas.

Con isto, o popular quixo evidenciar o colapso que o BNG xera a moitas persoas e empresas, “é imposible que se poida estipular un prazo para estas obras, xa que non só depende da comunidade, senón da dispoñibilidade das empresas que acometen estas melloras”.

Segundo Villa, “a situación é desesperante e os tempos de espera para calquera trámite xeran unha gran impotencia, e, evidentemente, nós non culpamos ao persoal, senón ao BNG por non estar enriba deste tipo de solicitudes e buscar solucións para que a tramitación sexa máis simple”.

O edil aproveitou para indicar que “os nacionalistas viven noutro planeta”, en referencia ás declaracións da pasada semana do BNG, nas que aseguraban que o retraso na estabilización dos funcionarios do Pazo de Raxoi “non afecta ao funcionamento do Concello”.

“Os nacionalistas si tiveron cartos e capacidade para contratar asesores e directores de área, algo que supón máis de 2 millóns de euros ao ano en salarios, pero nada mudou nos trámites ordinarios que fai a veciñanza, ao contrario, todo vai máis lento que nunca”, criticou Villa.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%