AD

Actualidad

O PP de Santiago denuncia o «lamentable estado de abandono» do Refuxio de Animais de Bando

today17 febrero, 2025

Fondo
share close
AD
  • O último episodio é a denuncia dun sindicato que reclama, entre outras cousas falta de persoal; acinamento e superpoboación de animais; incremento dos riscos laborais; ausencia de persoal de limpeza para zonas comúns, entre outros.
  • “Os traballadores e afectados amósanse desesperados, -dixo Adrián Villa- porque son anos de pasotismo absoluto por parte das diferentes alianzas tripartitas (BNG-CA-PSOE), o que provocou que hoxe, en 2025, a situación do Refuxio de Bando sexa xa crítica e insostible”.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, denunciou hoxe, en rolda de prensa “o lamentable e deplorable estado de abandono” no que o BNG mantén o Refuxio de Animais de Bando, tal e como demostra o asunto que nos trae hoxe aquí, “un novo fronte moi preocupante: a reclamación, ante a Inspección de Traballo, de infraccións en materia de seguridade e hixiene nesta instalación”.

“Esta denuncia -explicou Villa- está interposta polo sindicato UXT e é consecuencia de que os nacionalista fixeron caso omiso á advertencia que o Partido Popular de Santiago fixo hai xa un ano”. O edil popular remarcou que o sindicato denuncia: falta de persoal; acinamento e superpoboación de animais; incremento dos riscos laborais; ausencia de persoal de limpeza para zonas comúns, entre outros.

O edil popular remarcou que, en setembro de 2024, este sindicato falou diante do padroado, expuxo esta situación e “suplicou” unha reacción por parte do BNG, pero a realidade é que, desde aquela seria advertencia, os nacionalistas non fixeron nada, cando tiveron máis de 5 meses para dotar economicamente ao Refuxio.

“Os traballadores e afectados -dixo- amósanse desesperados, porque son anos de pasotismo absoluto por parte das diferentes alianzas tripartitas (BNG.CA-PSOE), o que provocou que hoxe, en 2025, a situación do Refuxio de Bando sexa crítica e insostible”.

Adrián Villa destacou que, hai un ano, chamáronnos alarmistas e, seguramente, o sigan facendo hoxe, pero estamos ante unha situación moi seria, porque están a xogar co benestar dos animais e, por se isto fose pouco, os traballadores están a soportar unha situación laboral límite e, polo tanto, se está a dificultar a súas tarefas de coidado e mantemento dos animais”.

Así, destacou o edil popular pedímoslle ao BNG que leven a cabo programas de prevención de abandono; colaboración para o benestar, como a esterilización e alimento das colonias felinas; e campañas de implantación de microchip, “exemplos -remarcou- de cousas esenciais das que nada se ten feito”.

“Reitero que houbo advertencias que non quixeron escoitar, pedíronse reunións por parte de todos: veciños, voluntarios, traballadores, padriños e madriñas do Refuxio e asociacións, entre outros, pero ditas xuntanzas ou non tiveron lugar ou chegaron tarde”.

O concelleiro popular remarca que “pedimos responsabilidade e unha reacción urxente ante este grave problema, nós estamos sensibilizados, como gran parte da poboación, pero, polo que parece, o que non a ten é o goberno do BNG”.

“Non queremos boas palabras nin declaracións de intencións por parte do BNG, queremos implicación directa e feitos económicos, que muden por completo esta situación que a tantos animais e persoas está a afectar”, concluíu.

Antecedentes

O edil popular destacou que “xa no ano 2023, recibimos as primeiras alertas por parte de traballadores, voluntarios, madriñas e padriños e, sobre todo, por parte da veciñanza que, coma nós, está sensibilizada e preocupada polo benestar animal”.

“Así, en xaneiro de 2024 -explicou- denunciamos publicamente o que estaba a pasar en dita instalación e que tampouco sabíamos se nos orzamentos dese ano ía a haber algunha partida para o Refuxio e  se, en consecuencia, habería un incremento económico para o Refuxio de Animais de Bando”.

Cabe sinalar que, durante o ano 2024, recolléronse máis de 12.000 sinaturas, nunha campaña na plataforma Change.org, por parte de persoal voluntario, para salvar o Refuxio de Animais de Bando e para que se cumpra a Lei de Benestar Animal” e remarcou que “nós levamos este asunto ao Pleno, reclamando a necesidade dun incremento económico e, en abril, voltamos a denunciar a falta de implicación dos nacionalistas”.

“Todas as persoas que, nalgún momento, estiveron en contacto co Refuxio -indicou- falan de incumprimentos como: acinamento de animais en espazos reducidos; falta de hixiene; filtracións de auga; pelexas; falta de luz ou de ventilación, entre outras”.

“No pasado Pleno de xaneiro, -destacou- abríuselle outra fronte ao BNG, logo de que mantivésemos reunións coa veciñanza e denunciáramos no Pleno problemas coas colonias de gatos, por deixadez de funcións en relación coa atención, control, limpeza e coidado das colonias felinas, sobre todo, en zonas como a avenida de Salamanca, sen esquecer que o BNG perdeu unha subvención do goberno central.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *